Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza da Comisión Bilateral

O goberno español segue sen fixar data para o traspaso de novas competencias

O vicepresidente Anxo Quintana sinala que o prazo para que o Estado transfira as seis competencias comprometidas chegou á "liña vermella" e está "a piques de cruzala".

Redacción - 17:22 24/09/2007
A ministra española de Administracións Publicas, Elena Salgado, recibe este luns en Madrid ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana

A ministra española de Administracións Publicas, Elena Salgado, recibe este luns en Madrid ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana

O vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, advertiu este luns de que o tempo para que o Estado transfira as seis competencias máis avanzadas que lle reclama a Xunta -fixadas en febreiro e que tiñan marcado como prazo finais de 2007- chegou á "liña vermella" e está "a piques de cruzala".

"O tempo remata e Galiza non pode quedar estancada no incremento do seu autogoberno", aseverou, tras manter unha xuntanza en Madrid coa nova ministra española de Administracións Públicas, Elena Salgado, no marco da Comisión Bilateral de Transferencias.

Quintana explicou que "existe o compromiso por parte do ministerio" de seguir estudando o traspaso destas seis competencias solicitadas por Galiza, petición que chegou "logo da posición de bloqueo do PPdeG ao novo Estatuto". "Temos paciencia, mais tamén perseveranza e cremos que chegou o momento de comezar a lles dar solución a estes temas", sentenciou.

Seis competencias
En concreto, os traspasos que pide a Xunta son os referidos a salvamento marítimo; inspección de traballo; centros de investigación do Estado con sede en Galiza; arquivos históricos e museos.

Tamén, a xestión dos bens reservados á Tesourería da Seguridade Social e adscritos a servizos e competencias xa transferidos á comunidade; e que se salde a débeda de superficie da Administración do Estado nas catro provincias galegas.

Lei de horarios comerciais e Tráfico
Por outra banda, os gobernos español e galego chegaron a un acordo sobre a Lei galega de horarios comerciais, polo cal o executivo de Rodríguez Zapatero renuncia a recorrela ante o Tribunal Constitucional.

Ademais, respecto ao traspaso das competencias de tráfico, o vicepresidente lembrou que esta proposta non estaba prevista na axenda de traballo deste luns, e afirmou que a transferencia destas levaría a promulgación dunha lei orgánica para poder ser aprobada, "namentres Galiza non teña o novo Estatuto".


5/5 (2 votos)

Comentarios (8)

ulo #1 24/Setembro/2007 ulo

E o artigo 27 do Estatuto onde se recolle as competencias sobre transporte ferroviario. Que lo se fai moita demagoxia botándolle as culpas o goberno central, que si ten a responsabiidade.
Pero a Xunta ten a oportunidade de coller unhas compentencias importantes... mais, iso non é importante, o importante é o AVE.
Non fagamos demagoxia.

ulo #2 24/Setembro/2007 ulo

E o artigo 27 do Estatuto onde se recolle as competencias sobre transporte ferroviario. Que lo se fai moita demagoxia botándolle as culpas o goberno central, que si ten a responsabiidade.
Pero a Xunta ten a oportunidade de coller unhas compentencias importantes... mais, iso non é importante, o importante é o AVE.
Non fagamos demagoxia.

carlosroca #3 24/Setembro/2007 carlosroca

Que humorístico, non sabes que os traspasos de competencias teñen que ir necesariamente acompañadas de transferencias de capital para o seu finanzamento, ou transferencia da capacidade de recadación dos impostos precisos. Eis o que pasa en cataluña e euskadi, quen xestionan o seu trasporte ferroviario.
Pois logo que o fagan dunha vez e menos falar.

jujolor #4 24/Setembro/2007 jujolor

coidado coidado que seguen ser os mesmos, de anos atras eles nunca deixaron realmente de ser centralistas, e vai costar que deixen de selo.



SEMPRE EN GALIZA

kalaikus #5 24/Setembro/2007 kalaikus

Coidadiño cos xacobinos do PSOE, moito lles ha custar deixar competencias aínda que non saiban xestionalas, nin lles interese, o principal e manter o control, ou a idea de control dende o centro, ten moita razón Jujolor.

COUTOVEN #6 25/Setembro/2007 COUTOVEN

Con la “buena voluntad que han tenido hasta ahora” los gobiernos centrales y Españolistas del PP y PSOE. Yo creo que lo que nos aprobaran seguro y rápido es EL TRASLADO DE SUS INCOMPETENCIAS.

Gaviotero #7 25/Setembro/2007 Gaviotero

El BNG es una alfombrilla de usar y tirar al servicio del socialismo español. Se les compró a cambio de tenerlos ahí en San Caetano con sus sueldazos, sus despachitos, sus Audis y sus secretarias, y como ellos están encantados...¡jejeje!

teixugo #8 25/Setembro/2007 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy
vai ser tão presidente como Rajooy...

Ninhada de Ratos: O-PO-SI-ÇãO ! ! ! !

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: