Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FIREFOX E EXPLORER ANDAN A PAR

Os Mac xa non son máis seguros ca os computadores con Windows

Segundo os expertos do CA Security Advisor, que publican a clasificación de sistemas operativos e navegadores con menos 'buratos'

Redacción - 18:11 24/09/2007

Nos primeiros seis meses do ano rexistráronse máis vulnerabilidades nos Mac OS X que nos Windows XP e Vista. Así o revelan os últimos datos do CA Security Advisor Team, un equipo internacional de expertos que periodicamente publica clasificacións sobre os navegadores e os sistemas operativos máis fiábeis.

De ser certos os datos deste colectivo, por vez primeira o sistema operativo dos computadores de Apple sería superado en seguridade polos produtos de Microsoft. E é que na primeira metade do ano os profesionais da consultora CA detectaron 51 vulnerabilidades -os 'buratos' que usan os ciberdelincuentes- para Mac OS X, 29 para Windows XP e 19 para Windows Vista.

As vantaxes do código aberto
No referido aos navegadores de Internet, I
nternet Explorer e Firefox teñen un nivel de seguridade similar, con 52 e 53 vulnerabilidades este ano. Sen embargo, os erros no Firefox son corrixidos máis rapidamente. E que se trata dunha aplicación de software libre, o que permite a milleiros de programadores de todo o mundo colaborar continuamente na súa mellora .

Por último, os expertos alertan do aumento de ataques a través de Acrobat Reader e Macromedia Flash. Segundo as súas previsións, o número de vulnerabilidades nestes programas duplicarase durante o presente ano.


1/5 (2 votos)


Comentarios (5)

bandua83 #1 24/Setembro/2007 bandua83

hahaha... Sigan soñando os de Window$.

1. CA é unha empresa adicada a solucións de seguridades para Win. Umm..
2. Non clasifican os 'buratos' en grados de vulnerabilidade
3. Non aportan información de que buratos exactamente contabilizan
4. Non informan do tempo medio de reparación do burato atopadp
5. Que se descubran 'buratos' de seguridade e se parcheen non é algo malo senón bo xa que indica que os erros (dos que ningún software se libre) están a ser corrixidos.

Ese informe non ten validez ningunha e que ninguén con sentidiño lles faga caso. O sistema máis seguro posible é Linux e logo MacOSX. En linux o tempo medio de parcheado é de un poucos días e raramente se atopan fallos críticos (e moitas veces clasificanse coma críticos fallos que en Win serían clasificados coma leves, lease os relativos ós navegadores web).

RiQee #2 25/Setembro/2007 RiQee

este estudio "patrocinado"
noticia tendenciosa arreo...(hai que contrastar as fontes...)

Sara_Mago #3 25/Setembro/2007 Sara_Mago

Sim, eu nom acredito nesse estudo. E concordo em que Vieiros deveria contrastar a informacom com outros estudos mais serios e mais independentes antes de escrever esses titulares sensacionalistas. Diversos estudos certificam que o Mozilla Firefox e mais seguro que o Internet Explorer. Do MacOSX nom sei muito, pero tendo como base BSD, um dos sistemas mais avancados, e practicamente impossivel que seja mais vulneravel que o Windows.

Por outra banda, poe-se em evidencia que para o capitalismo a liberdade consiste em escolher entre duas MARCAS: Coca-Cola vs Pepsi-Cola, Microsoft vs Apple, etc. Pois nom, resulta que temos software livre e gratuito que e mais seguro, mais eficiente e mais facil de ulilizar que o software comercial.

BonKarallan #4 25/Setembro/2007 BonKarallan

¡¡Mentira!!
Esta noticia provén de "Guillerme Portas" o Billy Gates. Windows Vista é unha merda colgada dun pau como a maioría dos correos que circulan e que anuncian virus perigosos: "Envíao aos teus contactos". (O virus xa non se molesta en reenviar. Mándache a ti)

Concordo en todo con bandua83.

e que conste que eu teño windows, por agora.

IgnacioMargall #5 25/Setembro/2007 IgnacioMargall

Vieros va a acabar en el infierno de la prensa:

http://galsatia.wordpress.com/...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: