A conselleira de Política Territorial asegura que os populares minten á desesperada para “agochar as vergoñas da Cidade da Cultura”
A polémica arredor das obras para a construción da autovía do Barbanza non para de medrar. O voceiro do PPdeG no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas, quixo poñer contra as cordas este luns á conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride. Para iso, o deputado conservador sacou un ditame do Concello de Vigo que acreditaría que Caride foi compañeira de traballo do apoderado da empresa ao que se lle encargou o segundo ditame sobre a autovía do Barbanza.
Ruiz Rivas afirma que Política Territorial pediu un segundo informe para poder “teledirixir” a adxudicación das obras no Barbanza. A empresa elixida, TT&U, pertence, segundo os populares, a “coñecidos, amigos ou xefes” da conselleira, que traballara co con eles na elaboración do PXOM de Vigo.
Unha “cortina de fume” para tapar irregularidades da Cidade da Cultura?
Para o PPdeG, que chegou a pedir a dimisión da conselleira, é evidente que houbo “tratos de favor” na adxudicación da autovía. Porén, afirman que, de momento, non van acudir ao xulgado e anuncian que seguirán presionando para que se cree unha comisión parlamentaria.
Pola súa parte, a conselleira socialista volveu negar calquera irregularidade na concesión a Sacyr e retou ao PPdeG a acudir aos tribunais. Caride afirmou que os conservadores están intentando de xeito desesperado “crear unha cortina de fume para agochar as vergoñas da Cidade da Cultura”. Reiterou que se contratou a empresa por ser a que presentaba un proxecto máis completo, incluído o apartado referente á seguridade vial.
1º informe: Eptisa. Empresa de raiz galego e tamaño internacional referente en control de calidade e execución de obras civis e edificacion.
2ºinforme:Técnicas Territoriales y Urbanas S.L.¿coñecidos? Mais ben da señora caride e colaboradores, parece ser.
Ademais ó segundo informe pedironlle tamen que ofertasen a !a duas empresas co mesmo apoderado!!!
ai señora caride, hai que gardar un pouco as formas e no facelo tan evidente, que eses trinta millons de euros que nos costa ós galegos ainda daban para facer algo por ahi.
Bueno, han de dar para algo, eso non cabe dubida, a pregunta e se dara para algo beneficioso para os contribuintes en xeral ou para alguns individuos en particular
agora segun din os de sempre que os novos siguen facendo "trampas"
coma que siguen logo eles xa o fixeron antes, pais de tolos a culpa nunca sera nosa sino dosoutros ver pra queer.
se as acusacions segun deles son tan evidentes deben dacudir e facer a correspondiente denuncia si non o fan asi parade xa de tirar pedras e agochar a man, xa esta ben de inmundicias
SEMPRE EN GALIZA
Da-me a mim o corpo que Feijooy
vai ser tão presidente como Rajooy...
Ninhada de Ratos, OPOSIÇÃO!!!!
Ya dijeron Touriño y Quintana que prestarían especial atención a las tecnologías DIGITALES. Asignaciones a dedo.