Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Podería estar feito con "pólvora de feira"

Estoura un artefacto nas inmediacións da planta de Reganosa

A Garda Civil investiga o incidente para determinar con exactitude a súa composición, así como a autoría dos feitos.

Redacción - 11:59 25/09/2007



Un colector de recollida de vidro situado na parroquia de Meá, no municipio de Mugardos, fixo explosión ás 3.10 horas deste martes como consecuencia dun artefacto colocado no seu interior, segundo fontes da Garda Civil citadas por axencias.
Estas mesmas fontes sinalaron que o artefacto colocado na zona próxima á regasificadora de Reganosa, podería estar composto por «pólvora de feira», aínda que continúan as investigacións para determinar con exactitude a composición do mesmo e a autoría dos feitos.

O recipiente quedou totalmente destruído e os seus restos esparexidos nun radio duns 60 metros. Un equipo de desactivación de explosivos achegouse até a zona.

A presidenta da Asociación de Veciños de Meá, Luz Mariña Torrente, en declaracións a Efe, sinalou: "Non sabemos se foi unha canallada ou un acto terrorista, mais queremos saber o que pasou, esperamos que sexa unha investigación rápida e precisa, porque o susto xa non nolo quita ninguén".

A explosión tivo lugar na zona coñecida como o Mesón da Pedreira, na estrada xeral de Fene a Mugardos, xusto á altura dunha das pancartas de protesta colocadas polos veciños onde se indica que se entra "en zona de alerta" pola presenza de Reganosa.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)

Comentarios (3)

Anxo #1 25/Setembro/2007 Anxo

Unha acción estúpida e condeable, xa que non sei que pretenden lograr con esa acción, quizáis asustar a veciñanza e estragarlles as súas vivendas como así ocurriu, como se non tivesen dabondo ca planta de Reganosa, quizáis ferir ou incluso matar a algún veciño que podería pasar pola zona nese intre, porque está visto que a acción non ía afectar en nada nin a Reganosa, nin a producción, o cal tamén pareceríame condeable, posto que calquer acordo debe sempre chegar polos cauces legais.

Sara_Mago #2 25/Setembro/2007 Sara_Mago

o mau e o contentor de vidro, como se houver muitos...

santiagon #3 26/Setembro/2007 santiagon

mi condena a los actos violentos contra la poblacion civil.
mejor que se lo lancen con catapultas desde los castillos que custodian la entrada de la Ria, contra los gaseros que nos visitan periodicamente... de paso los hacen encallar, para que no pase ni uno más

PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: