Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Explosión dun artefacto

O goberno local di que "os autores da falcatruada non son de Mugardos"

O concelleiro de Obras da localidade ferrolá, Moisés Rivadulla, desvincula a explosión do conflito veciñal con Reganosa.

Redacción - 13:21 25/09/2007

"En primeiro lugar, non existe conflito con Reganosa; o debate deuse en Mugardos hai catro anos e está pechado", afirmoulle este martes a Vieiros o concelleiro de Obras da localidade ferrolá, o nacionalista Moisés Rivadulla.

O edil sinalou que os veciños que levan máis de dous meses pechados na casa do concello "son unha minoría de vinte ou trinta dentro dunha poboación de máis de 5.000 habitantes".

Con estas declaracións Rivadulla quixo desvincular a explosión deste martes na parroquia de Meá das protestas veciñais pola localización da regasificadora.

Ademais, preferiu falar de "petardo" mellor ca de 'artefacto explosivo'. Por último, considerou que "os autores desta falcatruada non son de Mugardos".


5/5 (3 votos)

Comentarios (6)

Artritris #1 25/Setembro/2007 Artritris

Na Radio Galega poñen en boca do Alcalde que a responsabilidade é do "clima de terror" provocado polos veciños pechados no Concello. ¿Como cadramos isto coas declaracións de Moisés?

Artritris #2 25/Setembro/2007 Artritris

Por certo, señor Moisés Rivadulla, lémbrolle como compañeiro do BNG (inda que no meu caso non pertenzo á UPG) que o 1 de decembro do 2002 irritounos moito que Fraga dixese dos 200.000 galegos que encheron Compostela que "son máis os galegos que non foron". ¿Repetimos nós agora os argumentos do ex-ministro de Franco? ¡LAMENTABLE!

Calidonia #3 25/Setembro/2007 Calidonia

Moi mal Vieiros, moi mal. Isto é contrainformación. Publicades antes a contestación á noticia que a propia noticia que recollen todos os medios dixitais vía europapress:

http://news.google...

xacataca #4 25/Setembro/2007 xacataca

Non entendo o que dis Calidonia

Calidonia #5 26/Setembro/2007 Calidonia

Que as declaracións de Moisés Rivadulla son resposta ou contrainformación a unhas anteriores do Alcalde, que son as que recolleron todos os medios (excepto Vieiros) vía europapress. Na ligazón anterior tes un exemplo.

xacataca #6 26/Setembro/2007 xacataca

Será que os de Vieiros non teñen europapress ou non lles dá a gana de copiar o que digan as axencias, e chaman directamente aos que poidan ter información de primeira mao.

Máis que censurábel, eu coido que é unha actitude loábel. (sobre todo neste mundo de copy paste onde toda a información do mundo sae de catro axencias controladas polo poder).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: