Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ADHESIÓN DE BNG, PSOE E PP

O Puntogal xa ten o apoio dos tres grupos parlamentarios

É posíbel que a candidatura galega a un dominio de internet para a cultura do país poida presentarse oficialmente en 2008.

M. Vilas - 15:20 25/09/2007

Os directivos da Asociación Puntogal -que busca un dominio de internet para a lingua e culturas galega- aseguráronse o apoio do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego nunha xuntanza realizada onte en Santiago. Deste xeito, a Asociación xa dispón do respaldo formal de todas as forzas políticas con representación no Pazo do Hórreo.

E é que, antes de seren recibidos polos nacionalistas, Puntogal captara a adhesión do Partido Popular e do Partido Socialista. Co apoio dos tres grupos no peto, o seguinte paso podería ser que o propio Parlamento de Galicia aprobase unha resolución a prol do dominio, como xa fixo a Cámara de Gales en favor do “.cym”.

A convocatoria está máis preto
A aprobación do “.gal” depende da ICANN, un organismo internacional que, polo de agora, mantén pechada a presentación de novas candidaturas. Porén, a ICANN acaba de aprobar este mes as recomendacións que guiarán unha próxima convocatoria de dominios.

Polo tanto, e posíbel que o Puntogal teña oportunidade de someterse ao examen oficial durante 2008. Mentes tanto, o “.cat” -para a lingua e culturas catalás- continuará sendo o único dominio lingüístico presente no ciberespazo.


5/5 (16 votos)


Comentarios (30)

O_Castrexo #1 25/Setembro/2007 O_Castrexo

Vin a lista das organizacións e colectivos que apoian a iniciativa. Non hai nin un só colectivo reintegracionista! É incrible!

Por certo...

Os da ICANN son parvos ou qué? Canto tempo levamos xa pedindo o dominio e non paran de dar "largas"??!

ecoe #2 25/Setembro/2007 ecoe

Cómo van apoiar .gal si propoñían .gz? Vaia cousa.

Gaviotero #3 25/Setembro/2007 Gaviotero

El Partido Popular de Galicia se podía dedicar a defender los intereses de Galicia en vez de defender a los nacionalistas...

BonKarallan #4 25/Setembro/2007 BonKarallan

Gaviotero estás despedido por discutir o que di Pepe.

Por certo saíronche dobres e triplos nestes foros.

BonKarallan #5 25/Setembro/2007 BonKarallan

prefiro .gz como nas matrículas dos coches. Non pagaremos a multa. É anti-constitucional, anti-natural, anti-sentido común.

.gal soa mal.

A2b2 #6 25/Setembro/2007 A2b2

GAL = grupo antiterrorista de liberación nacional = terrorismo de estado na época de Felipe González

guillerme #7 25/Setembro/2007 guillerme

Pobre gaviotero; agora nin sequera o PPdeG quixo defender o teu radical españolismo. Xa ves, só che queda a Falange Española de los J.O.N.S para votar.

XabierV #8 25/Setembro/2007 XabierV

#5 Se non me trabuco, os dominios de dúas letras están restrinxidos ás abreviaturas internacionais oficiais dos estados, por iso a ICANN non podería aceptala (polo menos hoxe en día). Os dominios de tres letras non teñen esa restrición, pero son para usos mais "concretos", por iso os .gal (ó igual que .cat) en principio estarían reservados a sitios web de contido relacionado coa cultura ou lingua galegas (catalanas no seu caso), e non indicaría un sitio radicado en Galicia. É dicir, non podería existir http://www.xunta.gal (a non ser que deixasen a política e só tratasen de lingua e cultura galegas, claro)

ecoe #9 25/Setembro/2007 ecoe

Pois está claro que millor de duas letras. GZ

O_Castrexo #10 26/Setembro/2007 O_Castrexo

Como que non?

http://www.gencat.cat/

A páxina da Generalitat de Catalunya.

Os lusistas non apoian o dominio galego porque son uns traidores!

Sacho #11 26/Setembro/2007 Sacho

Os "lusistas" como di Ô_Castrexo (sempre pejorativamente entenda-se, abençoado sejas) fizerom outra proposta, a do .gz concretamente. Ou é que está proibido fazer propostas? Haverá gente não "lusista" que não apoia .gal como bem dia acima um homem são.

Ghaviotero #12 26/Setembro/2007 Ghaviotero

Otra deriva secesionista mais del PP... creando división entre los ejpañoles... quina pena!

Gaviotero #13 26/Setembro/2007 Gaviotero

Guillerme, "facha" es lo que me llaman los progres como tú cuando se quedan sin argumentos.

Así que gracias.

Gaviotero #14 26/Setembro/2007 Gaviotero

Sería curioso ver al PSOE aprobando el dominio "GAL".

Yo me iba a pedir rápidamente el dominio: "http://www.el_PSOE_creo_los.ga...

teixugo #15 26/Setembro/2007 teixugo

NINHADA DE RATOS!!!

O_Castrexo #16 26/Setembro/2007 O_Castrexo

Fixeron outra proposta fixeron! Hahaha. Si, si.

Fixeron unha proposta de dous díxitos sabendo que é imposible porque só llo conceden aos estados independentes! E o fixeron así para escurrir o bulto e non lle dar o apoio ao punto gal!

Lixo, lixo, lixo, lixo, lixo, lixo e máis lixo!

Barcelos #17 26/Setembro/2007 Barcelos

SEMPRE EN GALEGO, GAVIOTERO.

e se non sabes, non contestes

ecoe #18 26/Setembro/2007 ecoe

E logo os independentistas tiñamos que ser antes rexionalistas, cando non había outra cousa, logo, na actualidade, autonomistas e xa cando chegara -pola arte do birlibirloque, pero que NOS CHEGARA- xa podiamos sere independentistas?

E non te nominaron -polo menos, nominación- ó Nobel de Razonamento?

O_Castrexo #19 26/Setembro/2007 O_Castrexo

Ti tamén vives no mundo de Yupi, non?

Vai contando os anos ata que Galicia consiga a súa independencia se é que ese día chega. Vai contando.

2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016...

Mentres tanto que? Seguimos mirando para o cu?

Todos os nacionalismos de Europa occidental están a reclamar dominio!! Catalunya xa o conseguíu! Agora Escocia, Flandres, Galicia, Bretaña, Nova York, Berlín... e vós que sodes parvos posicionádesvos en contra!

Xa podemos tardar mil anos que a presenza da lingua na rede non se asegura ata que a independencia chegue!

Ten TAAAAAANTA presenza o independentismo na nosa sociedade... ufff

Unha lingua no século XXI sen presenza na rede é unha lingua morta!

Xa o dicía Pondal carallo. Se é que sodes parvos. Como carallo vai saír Galicia para adiante con elementos coma vós!

Voume declarar anárquico a este paso! Non hai maneira de encontrar alguén que PENSE cun mínimo de sentidiño polo BEN COMÚN e sen que se masturbe mentalmente polas súas inteses individuais autosatisfactorias!

Gaviotero #20 26/Setembro/2007 Gaviotero

Coño, ponéos primero de acuerdo entre vosotros porque si no, no sé con quién meterme...:)

Barcelos #21 26/Setembro/2007 Barcelos

Méteche onde xa sabes.

BonKarallan #22 26/Setembro/2007 BonKarallan

.gz sí.

puto GAL non. (quixen dicir.GAL)

Wagneriano #23 26/Setembro/2007 Wagneriano

CastreÑÑÑÑÑÑÑÑo, és coprófilo?Digo-o polas tuas constantes alusões ao lixo; seria bom que te encontrasses com a Gaivota nalguma lixeira e ali vos escornássedes a bicadas.

deLis #24 27/Setembro/2007 deLis

Olà a todos:

1º: O Castrexo está aqui na sua cruzada pessoal contra o reintegracionismo e nom sei por que é que lhe temos de dar importância. Controle, senhores. Por vezes, estes debates parecem pátios de colégio, de ambos os lados. Sr. Castrexo, se você nom quer que o insultem, dê exemplo; e viceversa. Com respeito nom hai insultos. A prova é esta. Eu estou mostrando a minha desaprovaçom com as posturas infantis dalguns membros desta comunidade e nom ainda nom insultei nada. Antes bem, acho que o fago com respeito. (Como pedir respeito para a Galiza se antes nom nos respeitamos entre nós? E aqui nom vale o de "ele foi primeiro".)

2º: Tal como foi explicado polo #8, os domínios do tipo .gz som um joguete reservados aos estados. Como a Galiza caresce de estado, a proposta do .gal parece ser a mais ajeitada, ainda quando no ânimo do .gz esteja também a exigência da autodeterminaçom galega, a inda também quando no .gal subjaça essa referência aos GAL.

O_Castrexo #25 27/Setembro/2007 O_Castrexo

Se eu xa debatía hai moito tempo sen insultar. O que pasa é que os reintegracionistas non saben debater sen insultar. Xa hai tempo que perdín os modales. Nestes foros infestados de reintegracionistas non penso recuperalos. De todos xeitos aínda non foi borrado ningún comentario meu por Vieiros, non debe de ser tan grave o que digo nin lles hei de caer tan mal.

A ver.

6.706 apoios individuais que rexistraron o seu nome e apelidos (entre eles o meu... hai moito tempo)

e moitas entidades de todo tipo (agás reintegracionistas, CLARO)

http://www.puntogal...

E vós, reintegracionistas, aquí discutindo aínda se é .gz se é .gal se qué carallo é.

Máis de 6.000 persoas e todas as que aínda non asinaron... Quen segue a conducir en sentido contrario??? Quen defende verdadeiramente o galego???

As probas falan por si mesmas.

deLis #26 27/Setembro/2007 deLis

#25: Você diz: "o que pasa é que os reintegracionistas non saben debater sen insultar" - Polo que pode comprovar, eu estivem a debater com você, e ainda o fago, e penso que nom o insultei em nenhum momento , nem aqui, nem no #24. Fica rebatida a sua aprezaçom.

Você diz: "Quen segue a conducir en sentido contrario???" - Polo de agora, os únicos que conduzem em sentido contrário som os que negam os apóios, for para o .gal for para o .gz. Tendo em conta que .gz constitui mais umha defesa do galego e do país que leva prendido, eu diria que advogar polo .gz é mais umha via de tentar chegar ao mesmo ponto. É um caminho alternativo, Sr. Castrexo, e polo mesmo eu nom o chamaria de "sentido contrario", mas de "outro sentido". Doutra parte, quitando excepçons, ainda nom vim nenhum reintegracionista que negasse o .gal. O que acontece é que entre este grupo de opiniom é preferido polo geral o .gz porque recolhe umha maior ambición.

Doutra parte, dá mágoa ver como umha opinadora como C. Rousia é insultada polo facto da opçom lingüística que escolheu, quando com independência disso deveria ser respectada pola ajuda que achega para configurar um ponto de informaçom plural. Por certo, ainda nom vim a nenhum reintegracionista ter insultado pola sua eleiçom a D. Álvarez ou a X. Hermida. Você define-se como umha pessoa culta. Nom o duvido nem por um intre, mas, sinceramente, nom o parece, a imagem é bem outra.

O_Castrexo #27 27/Setembro/2007 O_Castrexo

Eu também acho que você deveria:

Não inventar a morfologia das palavras em galego. Você não emprega galego mas português porque utiliza uma morfologia inexistente que só está viva na sua imaginação e uma ortografia ilegítima sem tradição literária.

Tem você um português muito decadente. Estude um pouquinho mais e apreenda a falar e escrever português sem deturpá-lo a misturá-lo com galego, sim?

Eu falo português muito melhor do que você e não misturo NADA! e gosto muito de Portugal e dos portugueses (e eles não gostam dos reintegracionados que fodem a bela língua de Camões a misturá-la com a língua do vizinho e que vão lá falar-lhes da Espanha como se Portugal não tiver problemas muito mais importantes!)

Acho português código muito meigo e muito próximo maasssss um código distinto de galego! Essa é também a opinião dos portugueses.

Gosto muito da diversidade lingüística e não gosto nada dos reintegracionados que fodem na língua galega e na portuguesa.

Esqueçam vocês JÁ que português e galego são a mesma língua! Não são!

Elas foram mas agora já não! Percebeu? Pois se não perceber faça esforço para voltar à realidade!

Castrexo dixit.

deLis #28 27/Setembro/2007 deLis

#27: Por que motivo berrar, empregando com faz com as maiusculas? E qual o motivo também para dizer que fala você melhor até do que eu próprio se não sabe do modo em que eu falo nem da qualidade nem de coisa nenhuma de mim para além do que aqui lhe permiti eu ver? Acha você que a escrever a norma reintegrada estou a deturpar o português do Camões. Então, a minha pergunta irá ser para você, eminência da lusofonia, simples brincadeira: é que está o A. da Cunha Melo, por apenas fixar um exemplo, a deturpar o português que você identifica com o de verdade quando ele optar por empregar a normativa gerida pela Academia Brasileira da Língua Portuguesa?

Mas, doutra parte, gostaria eu de debater, se é que for possível, sobre a questão do que você propõe: ao que é que se refere você quando clama à invenção da morfologia? Porque se você o prefere, também podiamos escrever com o sistema fonético e assim sem problemas, avançar é tudo para diante com o vento pela popa.

Acima disso, diz você que os "reintegracionados" fodem a bela língua de Camões. Portugueses ir-lhe-ão dizer que, ao contrário do que na Galiza, utentes portugueses consideram desajeitadas determinadas palavras (do tipo de foder e do tipo de caralho, que você gosta tanto de empregar).

E ao fim, se nesta postagem nem fiz forma de misturar a sagríssima unidade do português que você defende (puro, puro), é já que falo o português tão bem quanto você, licenciado?

Obrigadíssimo por se coutar com os nervos. Quase consegue você uma postagem sem berros nem insultos. Parabéns. Vai pelo caminho largo!

O_Castrexo #29 28/Setembro/2007 O_Castrexo

Todo o que queres que che explique xa o expliquei noutro sitio. Non penso repetirme máis dunha vez.

En canto á morfoloxía ilexítima e á ortografía ilexítima.

E non. Non imos escribir co sistema fonético internacional. Que teima. A ortografía (orthographia) portuguesa non é etimolóxica (etymologica) Ten dependencias fonéticas (phoneticas) como todas as linguas do noso entorno inmediato agás o inglés e o francés, linguas verdadeiramente etimolóxicas.

A ortografía que ti empregas é ilexítima en Galicia porque non ten tradición literaria suficiente. É minoritaria en Galicia durante os oito séculos de produción literaria e na actualidade.

E a morfoloxía (grupos vocálicos, sufixos, grupos consonánticos, etc) que utilizas non existen en Galicia (ou ben son extremadamente minoritarios) e practicamente non existen tampouco en Portugal agás na franxa etaria máis avanzada dos portugueses norteños do rural. No Porto non falan así e en Bragança tampouco.
En Galicia estandarízanse os trazos maioritarios e con tradición literaria.

Non penso volver sobre isto. Xa estou canso de debater con cada un de vós individualmente esta cuestión.

O_Castrexo #30 28/Setembro/2007 O_Castrexo

E volverei outra vez sobre o mesmo porque virá outro novo a pretender debater outra vez sobre as mesmas cuestións...

Agora só falta o Wagneriano ou o Gaviotero insultando un pouco.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: