Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PATRIMONIO

A nosa historia tamén está escrita nas pedras

Un veciño de Arbo atopa dez petroglifos que estaban sen catalogar

Redacción - 18:20 25/09/2007

Manuel Certal, un veciño de Arbo investigador afeccionado do patrimonio histórico e etnográfico, localizou neste municipio dez petroglifos que estaban sen catalogar. Os gravados están localizados na parroquia de Mourentán. Catro dos mesmos apareceron no lugar chamado Coto da Moura, onde se atoparon rochas que conteñen motivos como coviñas e círculos concéntricos. Outros petroglifos apareceron nas zonas de Coto Grande, As Regas, Miranda, Mirandeiro e en Eira de Ramos.

Certal asegura que “aínda que Arbo xa teña un amplo inventario de patrimonio catalogado, e atopado pendente de catalogar, seguramente que nos quede moito máis por localizar nos vindeiros anos”. Este veciño alerta de que este tipo de bens están en perigo debido ao desinterese do Concello e á falta de concienciación dos veciños. Técnicos da Consellaría de Cultura xa comezaron os traballos na zona para inventariar os petroglifos.


5/5 (13 votos)


Comentarios (7)

xacataca #1 25/Setembro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa virá un especulador inmobiliario a chantarlle un par de chalés enriba ... e as administracións a dar palmas.

ecoe #2 25/Setembro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

aúpa o Certal

Gaviotero #3 26/Setembro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Y es cierto que ponía "Anxo Quintana, rei de Galiza"?

valminor #4 26/Setembro/2007 valminor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa virá una eólica a arrasar cos que está nsen catalogar e privatizar o monte http://www.sosgroba.com

piorno #5 26/Setembro/2007 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Essa notícia já foi publicada pola Peneira em maio. Veja-se:

http://www.apeneira.com/condad...

Depois de quatro meses, nom ides com um pouco de atraso?

condedecotobade #6 26/Setembro/2007 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, teño que recoñecer que o teu comentario é moi gracioso.
Por outro lado, que máis dá o que poña se ao final os de El Mundo van facer traducción libre como fixeron co hino de Arturo Pondal.
Imaxino que de poñer, "Anxo Quintana, Rei de Galiza" a traducción de El Mundo sería algo así como: Pedro Quintana: El Rey que no venga por Galicia o le tiramos piedras.

certal #7 27/Setembro/2007 certal
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agradézoche a túa mensaxe, piorno. Tes razón, o que pasa e que daquela algún destes petroglifos estaban localizados pero pendentes de catalogación por parte da Delegación de Patrimonio de Pontevedra. A data de hoxe, atopáronse máis laxes con gravados que xunto coas da noticia que ti citas na Peneira, forman o conxunto que agora se catalogou e que decidin publicar nos xornais. Grazas e un saúdo a tódolos que deixastes unha mensaxe. Chao.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: