Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Pasou en Ferrol

Un cabo da Armada denuncia que o acosan laboralmente por casar cunha transexual

Segundo denuncia, un mando atemorizouno dicindo que "nos tempos de Franco xa estarías morto, roxo maricón"

Redacción - 10:15 26/09/2007

Naima Pedreiras é a dona do cabo da Mariña Pedro Rodríguez, a quen lle foi negado o permiso de voda, por non ter "un casamento normal", asegura Pedreiras. Ademais a muller afirma que a súa parella foi sometida a acoso laboral, o que o conduciu a unha baixa por depresión. Os feitos denunciáronse, mais Pedro Rodríguez só quere que o trasladen á forza, para non ter que continuar en Ferrol.

Segunda informa El País, a denuncia por acoso laboral foi presentada na capitanía de Ferrol, despois de que o capitán de intendencia de Rodríguez lle negase o seu permiso de 15 días por voda. O cabo da Mariña casou en xullo con Naima Pedreiras, unha transexual ferrolá, mais ao seu capitán de intendencia non lle pareceu motivo abondo para darlle o permiso, que, segundo Naima, non lle foi concedido porque "o seu non era un casamento".

"Nos tempos de Franco xa estarías morto, roxo maricón",
Isto foi o que lle dixo o seu superior a Pedro Rodríguez cando este lle foi falar sobre o permiso denegado. Despois de tratalo deste xeito, ameazouno dicíndolle que o ían vixiar, segundo conta Pedreiras. A partir de aí o cabo abandonou o seu posto en tarefas administrativas e comezou a traballar como soldado rasos, limpando os almacéns, ao tempo que era chamado a cada momento polo seu superior que seguía a controlalo.

Dende mediados de agosto este feito está denunciado, mais Pedro Rodríguez aínda non conseguiu o traslado forzoso pola vía militar. A parella reclama a axuda dos políticos, ao non obter resposta a dúas cartas enviadas ao Goberno Galego e español.


5/5 (2 votos)


Comentarios (12)

ulo #1 26/Setembro/2007 ulo

E logo din que a Memoria Historica quere remexer o pasado. No exercito, que non é nenguha broma pois é quen ten as armas, o franquismo esta moi presente... demasiado presente.

baltar69 #2 26/Setembro/2007 baltar69

boh, esta é unha nova ben do el país. xa pode estar o mundo caéndose a cachos, que calquera cousa vale para distraer. homosexuais discriminados, militares da vella garda... sen duda é o que gusta leer a progresía capitalina, mentras obvia no limbo dos xustos debates que se escapan a súa concepción carpetoventónica do estado.
sopoño que unha administración razoablemente moderna coma a española terá artelladas os mecanismos necesarios para que estas duas persoas accedan a ese permiso laboral para casarse no xulgado que consideren oportuno, da mesma forma que poderán ir o notario e escriturar como queiran as suas posesións e beneficiarse das regulamentacións que a lei ten definidas para as parellas heteroxesuais. o resto é soio circo mediático.

Ghaviotero #3 26/Setembro/2007 Ghaviotero

Es que sí, esto con el Generalísimo no pasaba.... Rojos a Moscú!

Pedrel #4 26/Setembro/2007 Pedrel

Tes razón, Ghavioteiro. Roxos e gualda a Moscú, Siberia ou Antártida. A ver si enfrías o teu fanatismo españoleiro e deixas de pensar co cú.
Sei que teimas escribir para amolar mais o único que consigues é fortificar o noso sentimento de identidade democrática e republicán.

Gaivotero #5 26/Setembro/2007 Gaivotero

El Ejército tiene que ser ejemplo de corrección, pulcritud y buenas maneras para el resto de la sociedad. No se puede permitir que miembros de las Fuerzas Armadas legitimen con su comportamiento actitudes degeneradas, mucho menos si van contra la moralidad y la familia.

Anxo #6 26/Setembro/2007 Anxo

Baltar69 a nova no é recente porque a publique El País, senón porque os denunciantes ante o pouco caso que recibían denunciaronno públicamente, xa o 24 a TVG informaba delo. E por si non o sabes xa casaron, e non lle deron o permiso correspondente a máis de degradalo nas suas labouras, así que a Administración razoablemente moderna da que ti falas non funciona, polo tanto é licito que o denuncien.

Gaivotero, se o exército debe ser exemplo o primeiro que debe de hacer é cumplir coas leis aprobadas nas cortes, o demás somentes son leis morais e cristians que non teñen cabida no exército dun país laico.

ecoe #7 26/Setembro/2007 ecoe

A realidade cada día desminte o €xército: nin pulcro, nin correcto, nin de boas maneiras, nin re-xenerados. Tan só é o mesmo mecanismo convivindo con algunhas xentes novas, pero clasista e franquista nos mandos, e sempre golpista na sua historia sin depurar: é a outra pata da (con P) Con$titución €$pañola e tan rancio e antidemocrático como ela, artelladsos ambos para impedir a DEMOCRACIA.

BonKarallan #8 26/Setembro/2007 BonKarallan

O mando di a verdade. En tempos de Franco xa estaría morto.

BonKarallan #9 26/Setembro/2007 BonKarallan

¡¡¡NINHADA DE GHAIVIOTAS!!!

baltar69 #10 26/Setembro/2007 baltar69

bueno, pois si os permisos de este tipo se otorgan no exercito pola opinión dun superior, tes razón anxo que andamos apañados. tanta inversión en i+d+i para nada...
pero, con todo, se eses feitos se teñen desenrolado como se conta na nota de prensa, ese responsable militar terá os días contados no posto e o feito é constitutivo de delito e o estado español responsable subsidiario.

Gaviiotero #11 26/Setembro/2007 Gaviiotero

El Ejército tiene que ser ejemplo de corrección, pulcritud y buenas maneras para el resto de la sociedad.
Desgraciadamente esto no es así; permiten aberraciones tales como la incorporación de mujeres. POR DIOS!!! a donde llegaremos???
Pero eso no es lo peor, regiones como Galicia, llena de rojos separatistas que ya no quieren ir a defender a nuestra amada patria probocan que tengamos que contratar a mercenarios a sueldo de non se sabe que pais.
Y aún por encima esto!!! un hombre que se quiere casar con otro hombre; podemos pasar que nuestros soldados, cuando están lejos de casa, y desvalidos del amor de su amada, tengan que recurrir a ciertas casas para sentirse acompañados a la vez que hombres.
PERO ESTO!!! ESTO ES UN INSULTO!!!
No se puede permitir que miembros de las Fuerzas Armadas legitimen con su comportamiento actitudes degeneradas, mucho menos si van contra la moralidad y la familia.
POr eso tenemos que cuidarnos bien de que nuestros heroes, non contraigan enfermedades extrañas que puedan hacer peligrar la familia y por tanto la moralidad.
ARRRRRRIBBBBAAAAAAA eJpaña!!! arriquitaummmmm taummmm taummmmm!!!!!!

nota: camaradas, recordad, estos rojos separatistas lo único que pretenden es hacer desaparecer el ejercito, donde aun tenemos a muchos de nuestros camaradas en puestos de responsabilidad; tambien es necesario recordaros una de esos pocos sitios donde aun se mantienen en vivo nuestros valores.

zus #12 26/Setembro/2007 zus

ninhada de ghaivotas??? ,gaivotero??ghaviotero??? jajajajajjaajjajjajajjajjajaj !!! isto é moito!!!! jajjaja q bon!!! ;-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: