Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CLASIFICACIÓN DE PORTÁTILES E SOBREMESAS

Apple é a mellor marca de computadores e IBM a peor

Segundo unha enquisa entre 4.000 usuarios realizada pola OCU e outras tres organizacións de consumidores de Portugal, Italia e Bélxica

Redacción - 11:10 26/09/2007
O 'Mac Pro' é o sobremesa máis caro de Apple

O 'Mac Pro' é o sobremesa máis caro de Apple

Boas noticias para os 'macqueiros'. Un estudio da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) acaba de designar aos computadores de Apple como os máis fiábeis, tanto en portátiles como en ordenadores de sobremesa.

Os datos da enquisa proveñen dunha mostra de máis de 4.000 usuarios de Italia, Portugal, Bélxica e o Estado Español. A organización de consumidores Euroconsumers preguntoulles polo grado de satisfacción cos seus aparellos.

Clasificación por marcas

Na categoría de portátiles Apple apañou unha puntuación de 9,4. A continuación están os Sony (8,7), Asus (8,2) e Toshiba (8,1). Os peores son os HP (7,8), os Fujitsu (7,8) e os IBM (7,6).

Entre os ordenadores de mesa Apple volveu gañar cun 8,7; seguido de Fujitsu, PC Box e Medion, os tres con 8,3 puntos sobre 10. ADL (6,9) e, de novo, IBM (6,8) recibiron a peor valoración.

Os portátiles avaríanse menos
En todo caso “os portátiles son máis fiables que os computadores de mesa”, comenta a OCU. E é que a investigación descubriu que “incluso a marca de portátiles con maior número de averías en doce meses, Arsus, resulta máis fiable que a inmensa maioría dos computadores de sobremesa”.


5/5 (3 votos)


Comentarios (11)

Sugar_Kane #1 26/Setembro/2007 Sugar_Kane

Os portáteis avariam-se menos que os de mesa e IBM é a pior marca??

Será que vivo no mundo ao revés ... :-)

BonKarallan #2 26/Setembro/2007 BonKarallan

Unha de cal e outra de area para Biliguei. Agora toca a de area.

IgnacioMargall #3 26/Setembro/2007 IgnacioMargall

Con titulares asi vais directos al infierno:

http://galsatia.wordpress.com/...

Nadie aqui veia el "Curso de Etica Periodistica".

Que los Apple son cojonudos lo sabe todo el mundo, tambien cuestan mas del doble. Pero el que diga que los portatiles IBM no son buenos, deberia pasarse por e-Bay y comparar los precios de los IBM de segunda mano con los precios de otras marcas con prestaciones muy superiores. En este caso, el mercado no miente.

Gaviotero #4 26/Setembro/2007 Gaviotero

Sí, sí, sí...los Mac son los mejores, pero no los compra ni dios.

Gaviiotero #5 26/Setembro/2007 Gaviiotero

Cuanta razón tienes camara Gaviotero; se ve en ti una persona sabida y conocedora de este mundo de las tecnologías. Gente como tu son necesarias para nuestra causa.
Arribba ejpaña, por la gloriar de la bandera con el aguiluchorrrrrr!!!!

felipin #6 27/Setembro/2007 felipin

Esto IgnacioMargall, con comentarios así tamén te podes apuntar ó ascensor.

Por certo, ¿cantos Mac mercaches na túa vida para afirmar iso do doble?

O meu primeiro PC merqueino exclusivamente para poder instalar dous programas, e cun deles non o conseguí. A explicación do informático que o tiña creado era que un dos .dll que viña con guindous non se deixaba desinstalar... e sustituir polo deles, ou era un .odbc, ou que carallo sei, o caso e que non o puiden instalar (e levo catro meses intentándoo).

En 15 anos con apple, nin únha avaría, nin ún técnico pola miña oficina, nin un virus. A ver quen pode dicilo mesmo.

spider #7 27/Setembro/2007 spider

Pois o meu HP Pavillium dv9000 (Maquinon!) non o troco por outro.

roebek #8 27/Setembro/2007 roebek

#6: felipin, non confundas "PC" con "Windows". Os teus problemas non veñen dados por unha cuestión de arquitectura (de feito agora non hai diferenzas a este nivel entre un PC e un Mac) senón por unha cuestión de sistema operativo. Eu só teño PCs (de sobremesa e portátil) e podo dicir o mesmo ca ti: nin un técnico, nin un só problema, nin un só virus. Usando GNU/Linux, claro.

IgnacioMargall #9 27/Setembro/2007 IgnacioMargall

felipin, yo no soy periodista. y no tengo que comprar nada para saber el precio. ademas yo uso linux asi que todo este debate en realidad me la suda.

baltar69 #10 27/Setembro/2007 baltar69

ibm nin fabrica nin ensambla, a día de hoxe, ordenadores de sobremesa nin equipos portátiles; tópanse ensimismados e entregados a sistemas de servidores, os máis pequenos baixo plataformas x86, e a estacións gráficas de altos recursos. o que a xente identifica como ibm trátase seguramente de lenovo. xa parezo eu o avogado do diaño: tócame defender o gavioteiro, o violador do ensanche a ahora a industrial bussines machines, quén o ía decir!!! pero eu, que traballo con eses sistemas medios de ibm, teño que recoñecerlles unha grande fiabilidade e un excelente plantel técnico que depara unha correcta atención segundo os contratos de asistencia que se teñan conformados, polo menos en españa. pero esa calidade págase, ollo. e non chegan para elo os 400 euros que a clientela invirte nun acer ou nun dell. resulta curioso que todo o mundo queira perfumes ch, coches bmw, roupa rl e reloxios zenith e esté disposto a pagar os prezos que se marcan mentras esperan comer co plato do día a mesma calidade que no vilas. a día de hoxe ibm españa é o vilas, non se pode comparar ca casa pepe de escairón; por moito que un se empeñe en que alí se come ben, non hai comparación.

condedecotobade #11 27/Setembro/2007 condedecotobade

Joder spider, pois eu teño un HP dv8000 de menos dun ano e acabo de mandalo á reparar porque ía como o carallo. Por certo, que tiñan unha atención ao cliente para darlles co portátil na cabeza.
A min os IBM fanme graza. Non teño nin idea de informática pero eses portátiles parecen deseñados por un técnico da Unión Soviética. Son mazacotillos e robustos, cun aspecto de tixolo que tira para atrás. Iso si, non sei se son bos ou malos, aí non opino

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: