Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O cambio climático a debate no Parlamento

As boas prácticas ambientais deben comezar no propio país

O grupo parlamentario do PSOE presentou na cuarta feira unha proposición non de lei que aprobaron todos os partidos, para establecer políticas de loita contra as alteracións climáticas na propia administración.

Redacción - 18:01 26/09/2007
Imaxes dunha manifestación contra o cambio climático / Flickr: Petezin

Imaxes dunha manifestación contra o cambio climático / Flickr: Petezin

A iniciativa contou co apoio do BNG e do PPdeG e o seu impulsor, Lage Tuñas (PSdeG) dixo que "é preciso un cambio no trasfondo mental da sociedade e é posible, só depende do factor humano", e continuou, "hai que responder con accións públicas, con concienciación e pedagoxía social, comprometéndonos a cambiar o mundo."

Neste sentido acordouse, por unanimidade, darlle pulo a iniciativas de educación ambiental, dirixidas a todos os galegos e especialmente á mocidade; comezar a incorporar boas prácticas ambientais no funcionamento da administración pública galega, sobre todo nas compras de bens e servizos; e crear un convenio de colaboración entre concellos, a través da FEGAMP, con obxectivo de desenvolver proxectos de fomento da sustentabilidade local.


4/5 (1 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 26/Setembro/2007 Gaviotero

El cambio climático no existe. Es un rollo progre para consumo de alumnos de la LOGSE.

ecoe #2 26/Setembro/2007 ecoe

A ONU contempla o cambio climático como problema moi preocupante, mais os €$tado$ centrais do capitalismo occidental, únicos causantes do deterioro da capa de ozono e do efeito invernadoiro, coidan a seguir o ritmo habitual de destrucción ambental e contaminación.

O €$tado €$pañol, seguindo as mesmas pautas, pasa de ser exempro de nada, e tampouco nestes eidsos.

ecoe #3 26/Setembro/2007 ecoe

Hai que cambiar os actuais e insostibles consumos e produccións!

ecoe #4 26/Setembro/2007 ecoe

Por certo ó chamado da ONU e o seu segradario polo cambio climático, acodiron 80 chefes de estado e 150 países: confirmanse así o carácter da importancia do asunto

Happyview #5 27/Setembro/2007 Happyview

Sóio un apunte...
Estaría ben que ante unha proposta de tan extraordinaria importancia e que parece que polo menos implicará que a administración galega en materia medioambiental escomence a ubicarse no mapa de prioridades da U.E. lle recoñezamos a autoría a Lage Tuñas deputado do PSdeG e non do PPdeG como se recolle na información.
Gavitero: Xa ves... velando por que non se che queimen as tuas ás non vaia ser que añoremos os teus comentarios, demostración clara de que esto vai

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: