Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Compromiso de Emilio Pérez Touriño

Plan Acuícola: "2.000 novos empregos" e "efecto cero" na Rede Natura

Os ecoloxistas critican as declaracións feitas este martes en Vigo polo presidente do Goberno na inauguración do XI Congreso de Acuicultura a nivel estatal.

Redacción - 19:50 26/09/2007

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, apostou este martes por potenciar o crecemento do sector acuícola "de forma integral" e por potenciar o control de todos os parámetros que interveñen no ciclo de valor e así "reducir a incerteza" neste tipo de procesos.

Na inauguración do XI Congreso de Acuicultura a nivel estatal que se organiza estes días en Vigo, Touriño asegurou que o novo Plan Acuícola suporá manter o liderado mundial de Galiza no sector, así como xerar un mínimo de 2.000 novos empregos.

Ademais, garantiu que o proxecto -que xa ten superada a fase de formación publica e conta cun investimento estimado de 390 millóns de euros- prevé chegar a producir até 25.000 toneladas de peixes planos.

Por último, Touriño garantiu que o plan supón un "efecto cero" no seu impacto sobre a Rede Natura, e aproveitou para lembrar que a Xunta prevé ampliar este espazo protexido nun 50%.

Críticas dos ecoloxistas
Dende ADEGA xa criticaron as declaracións do presidente: "O Plano Acuícola está moi lonxe de atender a criterios de sustentabilidade ambiental, utilidade pública e interese económico para o país. Só atende aos intereses empresariais de corporacións transnacionais tan "galegas" como Stolt Sea Farm ou Pescanova e ás que a Xunta vai "premiar" con 390 millóns de euro en subvencións públicas".

Poden consultar o artigo completo de ADEGA no Canal Verde de Vieiros.


5/5 (2 votos)

Comentarios (5)

ecoe #1 26/Setembro/2007 ecoe

DOUS MIL EMPREGOS!! Xa parez o Mr. X prometendo.

Pero si as piscifactorías non xeran empregos apenas directamente e os de transformación xa están xerados ou aumentarán un algo máis, pero ata 2 MIL...

E non van contaminar na Rede Natura. E logo onde contaminan as de Touriñán, Carnota, Corme...?

Dordo #2 27/Setembro/2007 Dordo

Touriño, como vemos que eres caprichoso e respondón, vamos a tumbar este Plan como se fixo ca piscifactoría de Baroña do teu queridísimo amigote vía subvencións - 'polo interés te quero Andrés' - chamado Pablo-Pablete García (Stolt Sea Farm). Tes tan pouca vergonza que afirmas que se crearán 2000 postos de traballo (como eres economista e presupoño que sabes do que falas, deduzo que estás a mentir) e ides a regalarlles 390 millóns de euros ás acuícolas. Non Touriño, escoita o que che decimos:
Rodaballo da Ría,
nunca de piscifactoría!

Jatopardo #3 27/Setembro/2007 Jatopardo

Aínda supoñendo (xa é supoñer) que se creen esos 2.000 postos de traballo dos que fala Touriño.

Se as piscifactorías van a recibir 390 millóns de euros de axudas públicas, é dicir, 65 mil millóns das antigas pesetas, para crear 2.000 empregos, sáenos a ¡MÁIS DE 32 MILLÓNS DE PESETAS DE SUBVENCIÓN POR POSTO DE TRABALLO CREADO!!!

ASÍ TAMÉN MONTO EU UNHA EMPRESA!!!

ecoe #5 27/Setembro/2007 ecoe

32 millóns a 1 por ano -non son así os salarios apetecidos polos políticos e empresarios?- cóbrelles 32 anos de salario barato!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: