Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Debuta no banco

Donato vai ser o adestrador do Bergantiños infantil

O ex futbolista do Depor, un dos míticos, estrea agora unha nova profesión e vai sentar no banco con algúns dos xogadores máis pequenos do Bergantiños.

Redacción - 11:25 27/09/2007
O brasilerio, cando xogaba no depor, levando un balón

O brasilerio, cando xogaba no depor, levando un balón

O ex deportivista Donato Gama da Silva (Río de Janeiro, 1962) é dende esta semana o novo adestrador do Bergantiños infantil, que xoga na Liga Galega.

As cousas fóronse arranxando toda esta semana. Donato visitaba o campo municipal de As Eiroas xusto cando adestraba o Bergantiños B e mantivo contactos co presidente do equipo, José Cotelo, tras os que veu o acordo. Donato só precisaba ter unha persoa a colaborar con el, xa que os seus outros compromisos co fútbol poderían impedirlle acudir a todos os encontros do seu novo equipo. O xogador do primeiro cadro do Bergantiños, Gueli, será o apoio de Donato.

O futbolista brasileiro estivo tentado a pasada tempada de vestir a camisola do Buño. Nun comezo ía xogar na Liga da Costa, pero finalmente Donato non accedeu, xa que aínda estaba vinculado aos veteranos do Deportivo. Donato foi un dos xogadores máis lonxevos do fútbol profesional estatal, ao estar aínda dándolle ao balón con 40 anos, no clube no que botou media vida, o Deportivo da Coruña.


5/5 (1 votos)


Comentarios (1)

Barcelos #1 27/Setembro/2007 Barcelos

Parabens Donatiño.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: