Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
tratamento de emerxencia contra o cambio climático

Dous científicos propoñen mesturar as augas dos océanos para combater o quentamento global

James Lovelock e Chris Rapley, propoñen na revista "Nature" mesturar as augas profundas coas de superficie nos océanos para reducir o sobre quentamento do planeta.

Redacción - 13:25 27/09/2007
Capa da revista, onde sae o artigo

Capa da revista, onde sae o artigo

A cousa sería así: enormes columnas creadas polo home poderían ser empregadas para mesturar as augas profundas, ricas en nutrintes, coas superficiais. Isto axudaría a multiplicar as algas en superficie e estas, a través da fotosíntese, poderían absorber os excedentes de dióxido de carbono (CO2) da atmosfera, un dos gases creadores do efecto invernadoiro, responsábel do quentamento global.

Segundo contan Lovelock -pai da teoría da Gaia-, e Rapley -director do Museo de Ciencia de Londres-, na revista Nature, estas algas poderían producir elementos químicos que favorezan a formación de nubes, axudando a arrefriar o planeta. Mais, segundo din os dous científicos, isto non é máis do que unha proposta, e non é aínda válida cientificamente. Tamén salientan que sería un bo xeito de "empregar a propia enerxía da terra" para curar o planeta doente. Non en van Lovelock é autor da teoría da Gaia, segundo a que a Terra é un sistema único, capaz de recuperarse por si mesmo das perturbacións que lle causamos os seres humanos.

O planeta non se salva co Protocolo de Quioto
Os dous científicos aclaran neste seu artigo que cren que non imos dar salvado o planeta con cousas como o Protocolo de Quioto que ninguén cumpre, nin co emprego de enerxías renovábeis. Ámbolos dous dubidan que os planes da ONU e doutras organizacións para reducir as emisións de gases tóxicos á atmosfera dean chegado a tempo.

Os norteamericanos, atentos

Unha empresa norteamericana, a Atmocean, coomezou xa a probar unha tecnoloxía semellante ás columnas verticais de Lovelock e Rapley. O seu director estima que se se poñen en funcionamento 134 millóns de columnas, poderíase absorver un terzo do CO2 emitido polas humanos nun ano.

Aínda que non se pensa que esta sexa a resposta certa, o que permite, segundo os seus creadores, é gañar tempo mentres a sociedade desenvolve unha solución máis completa.


3.86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: