O artista acaba de volver de actuar en Newcastle, Londres e Brighton, onde deu un concerto na Galería Phoenix.
O cantautor Narf levou a súa música até o Reino Unido durante o mes de setembro, ás cidades de Newcastle, Londres e Brighton. Na capital británica, actuou no St. Ethelburga's, antiga igrexa bombardeada polo IRA en 1993, que se recuperou como local de concertos especializada en música do mundo. A última semana estivo en Brighton. Este é un dos vídeos da actuación de Narf na Galería Phoenix o día 22, coincidindo coa exposición de Jim Sanders, co que xa colaborara anteriormente:
O Centro de Paz e Reconciliazom Saint Ethelbugas e isso, um centro de "paz e reconcializom" onde se desenvolvem encontros, conferenzas, cursos e ocasionalmente concertos. Nom e especificamente um local de concertos nem moito menos. Ali tivemos a inmensa sorte de escoitar e reloucar coa musica desse genio que e Narf, um artista que fai que o nosso pequeno pais seja o mais grande do mundo...e que se faiga visibel