Grande-Marlaska advertiulle de que veña acompañado do seu avogado, xa que se negou a entregar o carrete coas instantáneas.
O xuíz Fernando Grande-Marlaska citou para este venres, en calidade de testemuña, ao fotógrafo que gravou as instantáneas da queima de fotos dos reis o pasado sábado en Girona (Cataluña).
Segundo informou a emisora de radio española Cadena SER, o fotógrafo catalán Jordi Ribot negouse a entregar o carrete coas instantáneas e afirmou que el non vai facer "o traballo da policía".
Ante o desafío, o maxistrado citouno na Audiencia Nacional de Madrid, e comunicoulle que debe ir acompañado por un avogado, por se se volvese negar a entregarlle o material solicitado.Segundo a emisora, a conduta do fotógrafo podería constituír un delito de desobediencia á autoridade.
O Colexio de Xornalistas de Cataluña (CPC), que este mércores xa denunciou que a Audiencia requirira a varios reporteiros o material gráfico e audiovisual, xa amosou o seu apoio ao profesional: "O Colexio dará todo o seu apoio legal e institucional a este compañeiro e a todos os profesionais afectados".
Ou teñen dereito a protexer as fontes ou non van poder traballar, pois das fotos ou denuncias que fagan derivaríanse consecuencias penais: nese caso tododiós irá contra os periodistas e reporteiros para impedir que o seu traballo serva de denuncia policial-xudicial.
De acordo co Colexio e co fotografo!
El Colegio de Periodistas de Cataluña, como el de cualquier dictadura, es una organización politizada al servicio siempre muy bien pagado eso sí del jerifalte de turno.
Cualquier declaración de esta gente puede ir perfectamente sin leer al cubo de la basura.
El que quiera saber algo más sobre esos "periodistas", que no son más que alfombrillas subvencionadas por la dictadura catalana, que se lea por ejemplo esto:
http://blogs.periodistadigital...
Y el que quiera saber algo más sobre estos "patriotas", que no somos más que analfabetos subvencionados por la dictadura liberal, que se lea por ejemplo esto:
http://www.escolar.net/MT/arch...
Varias ducias de periodistas, redactores, reporteiros e cámaras reclamaron a cláusula de conciencia en Girona.
Existe o segredo profesional, non rebelar as fontes, e a libertade de información. Este xuíz salta ambas cousas.
Disolucion da Audiencia Nacional, tribunal de excepcion político que rompe un dos principios da xustiza burguesa, a unidade xuridiscional.
Era franquismo o que tiña tribunais especiais, para as causas civiles e penais, para as laborais -dependentes do Sindicato Vertical-, e o Tribunal de Orden Publico (o TOP).
A constitucion do 78, entre outras cousas, garantiu a existencia de tribunais politicos como era o TOP, mantendo a Audiencia Nacional.
Ningún país democrático, salvo cando quere reprimir, ten xuridiscions especiais. É un signo de dictadura que non confia nos tribunais ordinarios.
Disolucion da Audiencia Nacional, XA