No seu lugar instalarase unha vidreira co brasón da cidade.
A vidreira co escudo franquista que levaba 54 anos no concello de Ferrol xa é historia. Este xoves retirouse definitivamente, cumprindo coa decisión plenaria de hai un mes. No seu lugar, instalarase un vidro co escudo da cidade, en substitución do emblema fascista. Provisionalmente, a fiestra mantense sen debuxo.
A medida responde á decisión do goberno municipal de retirar os símbolos da ditadura, que comezou pola retirada do escudo da biblioteca da Praza de España e continuará coa cruz dos caídos de Amboaxe.
Esperamos ver fóra a simboloxía fascista, e non só en todo o Ferrol, tamén en toda a Galiza: que vaia onde están as obras nazis e fascistas alemás e italianas (glub! anque non vaia ser o demo, pois...)
Eso, eso, fuera todo lo fascista de Galicia, empezando por los que nos quieren imponer el himno gallego en las naciescolas.
Ghavioteiro, saber é cultura; o contrario... Ti vai cós teus e rielle as gracias ós que che convén,a ver se che dan algo por fin. Gustaría saber de onde es, e saber se noutras páxinas tamén tratas de faltarlle ó respeto á xente comunicándote nunha lingua distinta á utilizada na mesma. En Alemania ianche dar de c...hahaha!!!! Di o que queiras pero non saber facelo en galego, nin intentalo é de ignorantes home; a ver se aprendemos.