E vai poñer a 55 persoas a controlar, en tempo real, os ríos galegos. Din que non se vai pechar todo, mais as empresas que non cumpran a lei "non van ficar impunes".
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez asegurou na sexta feira que a Xunta vai declarar a inviabilidade das empresas que incumpran reiteradamente cos permisos de residuos habilitados polo goberno galego. Tamén dixo que un total de 55 efectivos van estar controlando, diariamente, dende comezos do mes, a calidade das augas dos ríos da demarcación Galiza-Costa.
Vázquez dixo que o Goberno non pretende perseguir a todo o mundo, mais lembrou que "hai canles que xa no aguantan máis", polo que tamén fixo un chamamento á colaboración de empresas, administracións e cidadáns para que Galiza "nun horizonte razoábel, o país da auga, e que pase a ser o país da auga con calidade".
"Non imos pechar o país, pero todo o mundo debe regularizarse"
A retirada de permisos chegará após a detección do vertido, un proceso de colaboración para depurar os vertidos e se se continuasen cos vertidos, chegaría a sanción e a retirada dos permisos.
Sería eso certo si de entrada foran a Lourizán e efectuaran, que os xuizes xa o demostraron. mais non o veremos, non!
Cairán 4 chorradas por ahí. Ó tempo.
Isto non é unha nova, non é máis que propaganda institucional e fume.
O que anuncian é o que deberan estar facendo, é o seu traballo, como o de un cociñeiro é lavar a leituga antes de facer a ensalada..