Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nace FEDEGALMA

Créase a primeira federación galega de apoio á lactación materna

Coincidindo coa celebración da Semana Mundial da Lactación Materna, 10 asociacións galegas de axuda á lactación materna xúntanse en Compostela.

Redacción - 10:20 30/09/2007
Unha nai dalle o peito ao seu pequeno / Flickr: kellyandapril

Unha nai dalle o peito ao seu pequeno / Flickr: kellyandapril

O sábado naceu a Federación Galega de Asociacións de Apoio á Lactación Materna (Fedegalma). No Auditorio do Museo do Pobo Galego asinouse o primeiro acordo deste tipo que se sela en Galiza, polo cal os membros de cada unha das 10 asociacións han traballar xuntos e xuntas neste proxecto.

Na constitución da Fedegalma estiveron representantes das 10 asociacións fundadoras: Achuchar, de Ribeira; A Peito, de Ponteareas; Asociación de axuda á lactación Materna BBTTA, de Narón; Bico de leite, de Lugo; Chuchamel, de Moaña; Coliño, de Ourense; Criando, da Coruña; Deleite, de Vigo; Asociación Galega Pro-lactación Materna Mámoa, de Compostela, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Cee; e Pinga Doce, de Tui.

A federación nace para estabelecer unha coordinación xeral entre as asociacións, grupos e entidades para protexer, promover e apoiar a lactación materna. Tamén queren defender o dereito de todas as mulleres a aleitar, e o dereito das súas fillas e fillos a ser aleitados, tanto tempo como ámbolos dous desexen, xunto co dereito a recibir todo o apoio social e profesional necesario para desenvolver o aleitamento, fomentando a participación activa das mulleres en todos os ámbitos da sociedade e a conciliación da vida familiar, social e laboral.

Teñen en mente promover e organizar actividades, programas de actuación, cursos de capacitación, centros de recursos, traballos de investigación, edición de publicacións especificas e outras iniciativas encamiñadas a dar apoio a persoas interesadas na lactación materna.

Tamén nacen para representar ás asociacións ante os organismos públicos ou privados nas xestións necesarias para conseguir os obxectivos que xa teñen marcados.


4.56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: