Cartel da asemblea fundacional
¡Noraboa! para o BNG no seu 25 aniversario.
Referente dunha política adicada á defensa da nosa Nación galega, necesitamos que sosteña diante as forzas centralistas un discurso e acción cara a unha maior autodeterminación.
Grazas para os dirixentes que mantiveron a fronte activa.
Sei que non o vai facer, pero Quintana nesta data debería lembrarse por que se fixo este partido (a defensa da nación e a independencia). Espero que este partido, maioritario dentro do nacionalismo galego volva a posturas nacionalistas e non continúe nesa liña españolista (autonomía...).
Con fallos, que houbo moitos, o BNG segue a ser a mellor ferramenta que ten este país. A min, como nacionalista, gustaríame que o BNG se esforzara en crear conciencia nacional no país. Poida que sexa preciso gobernar, pero aínda máis necesario facer que calle unha mensaxe nidiamente nacionalista. Non somos nin o País Vasco nin Catalunya, eso témolo que ter moi claro, estamos noutra fase, pero é preciso ir sementando de cara ao futuro. As cousas con tempo pero sen dúbidas
guillerme.
Esa postura rexionalista sóame moito ás teorías de Castelao.
Pues a mí, como a la gran mayoría de los gallegos, lo que celebre este partido minoritario me trae un poco al pairo.
A ver si al menos toman un poco de conciencia democrática...que buena falta les hace.
Bo cumpreanos, o BNG é a forza que Galiza precisa. Mañá seremos maioría e cada vez máis.
(Pois a min, como á gran maioría dos galegos, o que pense un forista españolista impórtanos un carallo, a ver se o PP deixa de ser a forza fascista que é e volve ao galeguismo de boina).
"Revive". Quantos recordos verdade?, quanto tempo!... e parece que foi onte... Qué mágoa! Como passa o tempo por algumhas organizaçons.
Que eu saiba o BNG non é un partido. Precisamente moitos dos seus problemas veñen por aí: algúns querían que o fose, ao xeito tradicional, e outros (como a UPG) prefiren seguir mantendo a súa independencia dentro da organización frentista.
Eu creo que si Quintana logra impoñer o seu parecer, o BNG pode chegar a presidir a Xunta. Fóra das miñas propias conviccións políticas, e recoñecendo que na UE do futuro van pesar máis as eurorrexións cós Estados, non creo que sexa positivo -nin viable- para Galicia a independencia.
O nacionalismo debe facerse sentir en Madrid en beneficio dos intereses económicos de Galicia. Aí reside o verdadeiro obxectivo dun nacionalismo galego para todos os galegos, incluso para os que coma min, non somos nacionalistas e nos sentimos máis galegos ca españois.
Vale! Renunciemos a independencia!!!
Plas, plas, plas, plas, plas!!
Meu deus! xa pasaron 25 anos?
Eu estiven alí, estreando militancia.Eu creo, visto despóis, que fun levado coma outros recén chegados, para votar o que mandasen (e non digo quen, je-je, un señor que ainda tiña pelo)Pero bueno, sempre foi así, o malo é que ainda sexa así en parte.
Estou dacordo con Beiras, o BNG ten que voltar ser o que foi durante anos, un ponto de encontro e integrador, non un chiringuito político de só uns poucos.Que non digo que sexa eso só, pero en certos aspectos sí é demasiado inmóvil.
En fin, que dure moitos máis, pero con boa saúde e aberto a todos/as os que queiran aportar cousas ao país con honestidade.
¡¡AUPA DEPORTIVO!!
ASIMILADE AGORA ESTA:
Da-me a mim o corpo de que Feijooy
vai ser tão presidente como Rajooy...!!