Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Promesas pre-electorais de Zapatero e Touriño para o agro

Subvencións a explotacións e supresión do certificado veterinario

Na Festa do Campo, organizada en Silleda por Unións Agrarias, o presidente da Xunta aproveitou para destacar o labor do bipartito a prol do medio rural.

Redacción - 09:00 01/10/2007

Os criterios de sustentabilidade serán imprescindíbeis para optar as subvencións a explotacións agrarias prometidas polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, esta fin de semana en Silleda. Serán axudas por valor de 3.200 euros anuais por explotación, e destinadas á modernización de arredor de 7.500 granxas agrícolas e gandeiras do país.

Convertido en acto pre-electoral dos socialistas, e diante do presidente do goberno español e da ministra de Agricultura, a galega Elena Espinosa, o presidente da Xunta non dubidou en salientar a actividade realizada polo bipartito en favor do agro, xestionado no executivo polo conselleiro nacionalista Alfredo Suárez Canal. Pérez Touriño referiuse á creación do Consello Agrario Galego, ao Plan de Desenvolvemento Rural ou ao Banco de Terras, e destacou que en dous anos de goberno se incorporasen até 1.600 mozas e mozos á actividade agraria.

Supresión do certificado veterinario
Por outra parte, o presidente do executivo español, José Luís Rodríguez Zapatero, avanzou que o próximo venres o Consello de Ministros acabará co que cualificou de "carga inútil" para os gandeiros. Referíase Zapatero ao certificado veterinario, un pagamento extra que na súa opinión representaba un obstáculo para a actividade do sector. "Supoñía dicir que a culpa das vacas tolas era dos gandeiros, cando en verdade estes eran a verdadeira vítima", indicou, asegurando que por ese motivo o goberno decidira suprimir o certificado necesario para que os gandeiros levasen as vacas ao matadoiro.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

jovame #1 1/Outubro/2007 jovame

En vez de suprimir garantías para os consumidores debería suprimir o sistema de cuotas á producción que tanto asfixiou ao campo os últimos anos e que está a encarecer productos básicos.
Tampouco sei de que vai servir unha subvención de 3200 euros anuais para modernización. Invertida en maquinaria non che da para tunear o tractor. E se queres comprar o portatil vas de cu, non vas ter conexion wi-fi no rural, nin cable, e como esteas en mala zona nin liña telefónica. O deportivo tampouco cho recomendo, que como o metas polas pistas da parcelaria pegas unha ostiaaaaaa.
Coa subida das tasas non sei se dara para a matricula na universidade do rapaz, quiza para os libros do mais novo, e se educación che paga os libros podes modernizarlle a mochila ao neno e poñerlle unhas rodas, que co que pesa cando teña idade para cavar no monte vai ter o lombo para a xubilación, cun lumbago peor ca o teu.
Eso si, con estas axudas miserables de zapatero de 1000 a 3000 euros para nais, labregos, recen nacidos, vivenda, etc estou esperando a que saque unha para subvencionar aos mozos solteiros, que seguimos vivindo cos pais por falta de cartos para independizarnos, uns 1500 euriños para unha noite de putas (ás rapazas unha noite de bois, igualdade ante todo).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: