Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrevista a Núñez Feijoo en 'La Razón'

"Os sectores duros do Bloque están vendo que é o seu momento"

O presidente do PPdeG afirma que o BNG "moverá ficha" segundo o resultado das eleccións, e optará por "un nacionalismo constitucional" ou por outro "soberanista".

Redacción - 11:20 01/10/2007
Alberto Núñez Feijoo

Alberto Núñez Feijoo

O diario madrileño La Razón publica este luns unha entrevista co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, onde analiza cuestións relacionadas coa política estatal e nacional, e sobre a situación interna do seu partido.

O popular recoñece erros de "comunicación" á hora de explicar a intervención das tropas españolas na guerra de Iraq, e afirma que de non ser polo atentado do 11-M en Madrid, o seu partido gobernaría no Estado. Respecto da política en Galiza, Feijoo di que "no nacionalismo galego hai sensibilidades moi distintas", entre as que convive "algún marxista no século XXI".

"O Bloque (BNG) ten as súas tensións internas sobre se quere ser un nacionalismo democrático e constitucional ou un soberanista. En función do resultado das eleccións, moverá ficha", afirma o presidente do PPdeG. "Se opta por un nacionalismo democrático e constitucional, será a mellor opción para Galicia. E se o fai por un soberanista e fóra da Carta Magna, suporá a súa desaparición como un partido que fale en serio", engade.

Ademais, considera que o nacionalismo retrocedeu nas eleccións municipais. "Socioloxicamente, Galicia é unha comunidade claramente constitucional e que aposta polo Estado das Autonomías. Os sectores duros do Bloque están vendo que é o seu momento. Non só polo que ocorre con Galeuscat, senón porque teñen un presidente socialista disposto a ocupar a Presidencia da Xunta sen ningún límite", di Alberto Núñez Feijoo.


2,86/5 (7 votos)

Comentarios (18)

dumiense #1 1/Outubro/2007 dumiense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non entendo a manía dalgunha xente de dicir que o que non está na constitución non vale para nada.

Criticar aspectos da constitución, forzar cambios, modificar leis constitucionais tamén é democracia ou pensa o señor Feijoo que a constitución é unha carta perfecta? parece que a dereito sempre precisa dun libro de referencia, antes era a biblia, agora a carta magna.

OBSERVADOR #2 1/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os sectores duros do "Bloque" devem ser os de "plastelina".

carlosroca #3 1/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que é iso do nacionalismo constitucional exactamente, se o único posíbel dentro da constitución é o español, concluiremos logo que se refire ao nacionalismo constitucional español, e ese no BNG non existe.
Nos seus principios políticos e ratificado en cada asemblea é SOBERANISTA, eis pola autodeterminacón da Galiza. Que sexan os galegas e as galegas os únicos que poidan decidir sobre o futuro.

Que trapallada, mais o lamentábel é que de tanto repetilo haxa quen o crea.....

Albert #4 1/Outubro/2007 Albert
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pobre Frijolito. Debe ser duro saber anticipadamante que vas afundir un partido.

eugalego #5 1/Outubro/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os resultados do BNG nas municipais forom maravilhosos.

Os do PP...
-Deputaçom de Lugo.
-Ribeira.
-Vigo, Pontevedra, Ourense...

PARABENS ATRASADOS FEIJOO POLOS MAGNIFICOS RESULTADOS.

ecoe #6 1/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Segundo o próximo Premio Nobel en burroloxía a "constitucionalidade" pode ser medida de vez, non varía nin fluctúa: e mídese con un instrumento sociolóxico.

E ademáis interprétao, seguramente porque as opcións expostas para a LIBRE elección eran TODAS AS POSIBLES e nas debidas formas, esto é, en IGUALDADE DE CONDICIÓNS.

Este tipo flipa, ou!?

DanielErreCe #7 1/Outubro/2007 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mágoa que os do bipartito lles vaia tan ben por demérito da oposición (e polo tanto alternativa) e non polos seus propios méritos.

Tanto psoeiros como bloqueiros deben estarlle collendo cariño a esta xentiña da galaxia Ansar, sobre todo Pepiño Blanco que debe fregar as mans cada vez que un destes abre as fauces para masticar protoideas. E Pepiño non é precisamente unha intelixencia privilexiada, pero o torto é presidente no país dos cegos.

BonKarallan #8 1/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Posí.... Albertiño. Grazas a ti.

BonKarallan #9 1/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Erros de comunicación. Sería que as bombas non nos deixaban oír as burradas que nos diciades.

BonKarallan #10 1/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Daniel: O torto e presidente no pais dos cegos e "o tontiño" é Secretario de Desorganización é Descoordinación.

Cal será o sector brando do nacionalismo?

O que quere que sexamos unha rexión co permiso de Dona Constitución?

BonKarallan #11 1/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que o BNG é soberanista, aínda que non ten présa e vai collendo o que se lle poña a man.

Os sectores duros serían os que o queren todo ou nada e xa, e os sectores "brandos" os que o queren todo ou todo (aínda que sexa a prazos)

OBSERVADOR #12 1/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bon, sabes o que tem isso dos prazos? Que quando remata o prazo, também rematamos nós.

Não há tempo.

Mas eu acho que não há "duros" no BNG. São todos bastante brandos e "emprazados"...

baltar69 #13 2/Outubro/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

non, anque non houbera atentado é moi posibel que o pp non acadase os sufraxios suficientes para gobernar. a xente estaba moi queimada de ese tipo que tan terno é na intimidade, pero que tanta dificultade ten para sorrir en público e xa existía unha boa movilización na súa contra. ahora, a xestión do atentado foi, de lonxe, a infamia máis grande que cometeu nadie na historia moderna do estado español. enriba do propio atentado, enriba tamén do exabrupto iraquí e enriba da parafernalia do 23f. foron víctimas dos séus erros e o peor é que nunca serán capaces de recoñecelo. ou cecais sí, na intimidade.

Gaviotero #14 2/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Feijóo no se entera. El nacionalismo, por naturaleza, es anticonstitucional y antidemocrático.

Aun se piensa que puede haber un nacionalismo blandito y moderado, tipo Quintana, y uno duro tipo Beiras.

Ya se enterará. Y si no, que aprenda de Piqué.

gaviotera #15 2/Outubro/2007 gaviotera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

sin embargo nosotros no engañamos a nadie, unos somos fachas y otros aun más

teixugo #16 2/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Da-me a mim o corpo de que Feijooy
vai ser tão presidente como Rajooy...!!

anton #17 3/Outubro/2007 anton
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Elle duro recoñecer que o bng está consolidado e agora podemos contar cunha ferramenta para facer país e defender os nosos intereses.

OBSERVADOR #18 3/Outubro/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

???

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete