Cualifícao como "o máis longo dos vividos por España, no marco do modelo de monarquía parlamentaria que sustenta a nosa Constitución".
O xefe do Estado Español, o rei Juan Carlos de Borbón, asegurou que "os valores de convivencia democrática determinaron o máis longo período de estabilidade e prosperidade en democracia, vividos por España no marco do modelo de monarquía parlamentaria que sustenta a nosa constitución".
O monarca español, que presidiu este luns a apertura do curso universitario na cidade de Oviedo, pediu que a institución académica siga formando aos mozos comprometidos cos valores de "convivencia democrática, entendemento e respecto mutuos, tolerancia e liberdade" porque son eses os valores que fixeron posible este período de estabilidade democrática.
Ao seu xuízo a universidade ten un papel crucial na formación integral de persoas "capaces de impulsar a España do mañá, en harmónica e frutífera vida en común".
Queima de fotos
Por outra banda, está previsto que na tarde deste mesmo luns o fotógrafo da axencia Click Art Foto Jordi Ribot entregue as imaxes que fixo da manifestación onde se queimaron retratos dos Borbóns o pasado 22 de setembro en Girona (Cataluña).
Ribot asegurou que se sinte "impotente" e que as entrega porque o xuíz Grande-Marlaska lle dixo que, de non facelo, incorría nun "delito de desobediencia grave".
A monarquía é unha institución caduca, froito dunha chapuza, que permitiu que o legado franquista pervivira despois da caída do réxime. É a mellor mostra de que a transición foi manexada polos cachorros do neofranquismo (hoxe PP), coa amenaza sempre latente da volta atrás pola forza, no proceso mal chamado "democrático".
Agora estes mesmos que defenden a monarquía, tamén nos fan crer que son os garantes da liberdade no Estado Español nun exercicio de hipocresía política, que por outra parte lles dá bó resultado, que mostra ben ás claras o grao de desleixo político que amosamos os cidadáns.
REPÚBLICA XA!!!!
SE É QUE TEMOS ALGO DE COHERENCIA COA MERDA DE DEMOCRACIA QUE DEFENDEMOS!!!!
Todolos estados teñen un xefe de estado, cunhas funcións de representación e totalmente improductivas. Que sexa unha monarquía ou unha república non altera moito as cousas.
Mais que debatir a necesidade ou non da monarquía deberíamos debatir os problemas de Galiza, e as medidas ineficientes e absurdas que toman os nosos políticos elexidos. Non ten sentido discutir unha institución que non afecta a nosa vida cotidiá mentres decisións políticas hipotecan o noso fututo (cidade da cultura, 2 portos exteriores en coruña e ferrol cando sería mais recomendable ter un con mellores infraestructuras, un ave que chega tarde e lento para o que é a lata velocidade en europa, unha política agraria de cotas mal establecidas que está a encarecer productos básicos....)
Discutir pola monarquia ou porque os nosos nenos canten o himno galego nas garderías é unha tontería, sobre todo se finalmente temos que pagar garderías privadas porque nas publicas non hai prazas ou non están próximas ao noso traballo/residencia. ¿Non sería mellor discutir a necesidade de máis garderías?
¿Pódese crer que El-Rei tivo, certamente, un papel para manter a democracia o fumos nós? ¿Parou realmente a Tejero ou falou cando xa todo estaba cociñado con cheiro a franquismo e peligraba o seu sitio? ¿Gasta cuásique 9 millóns de euros anuais, sen infraestructuras (policia, custodios, festas oficiais e viaxes pagados por nós)e vainos dicer que sostén a democracia?
Sabido é que a Raiña Sofía teme que a monarquía caia como cae o rexime da súa familia VAI XA BEN ANOS e por iso mantén a democracia?
Falar por TV non é soster o estado. Debería ter falado para evitar as guerras (a Constitución no-no deixa), para evitar a droga, para evitar o fame, para evitar un modelo pechado de Estado.
¿E pecado pedir a modificación da Constitución? Si fose para mellorar a súa herdencia, seguramente se podería. Mais si os millóns de cidadáns pensan doutro xeito e así o expresan nas Cortes, eso non é democracia. Democracia é El-Rei. ¿Non si que xa os psicólogos din que os contos de príncipes e reis non contribúen a formar convenentemente a persoalidade dos nenos pois famenta a megalomanía, o autoritarismo e a superficialidade?
Pois, veña...REPUBLICA XA!!!