Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NAS VACACIÓNS DE VERÁN

O PPdeG denuncia que Caride utilizou un camión de Protección Civil para encher a piscina

Segundo os conservadores, o Concello de Camariñas encargouse de transportar 10.000 litros de auga até o chalé onde veraneaba a conselleira.

Redacción - 19:20 01/10/2007

Por se a política galega non andaba quente abondo nas últimas semanas, agora entran en escena os que faltaban: os bombeiros. Segundo o PPdeG, a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, puido facer uso da piscina nas vacacións grazas a que un camión-cisterna de Protección Civil de Camariñas se encargou de tirar da mangueira.

Os feitos tiveron lugar o pasado 22 de agosto. Segundo os conservadores, dende o Concello, un bastión histórico do PSdeG, decidiron que á conselleira non lle faltara de nada durante as vacacións. Para iso, o camión de bombeiros tería efectuado até seis desprazamentos para encher con 10.000 litros a piscina do chalé onde veraneaba a conselleira.

Os populares afirman que o rexedor socialista de Camariñas, Bautista Santos, recoñeceu este extremo logo de ser interpelado nun pleno. O concelleiro Daniel Rego (PPdeG) sinaloulle a este xornal que quedou de pedra cando o alcalde recoñeceu os feitos: "Esto é unha cacicada en toda regra, por moita conselleira que sexa". Agora, a peculiar denuncia chegará en forma de pregunta ao Parlamento.

Pola súa parte, fontes da Consellaría de Política Territorial explicáronlle a Europa Press que a conselleira só pasou dous días na localidade "na casa dun coñecido" no marco dunha visita privada logo dun convite persoal que lle fixera o rexedor de Camariñas. Porén, sinalan que a conselleira non ten arte nin parte no polémico enchido da piscina.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

outrolector #1 1/Outubro/2007 outrolector

Esta moza debe ser do máis decente e competente do goberno sociata. Seguro que foi cousa do alcalde. Vaia recua de falsos e sectarios con pouca vergoña!! . Quítanlle a calquera persoa decente as ganas de adicarse á política. Sobresoldo para altos cargos funcionarios, e auga gratis para a piscina. E os rapaciños espetándose e morendo nas carreteras cos coches que lles compran os avós "para ir estudar ou traballar". Grea de hipócritas, pusilánimes e cobardes!. Competencias de tráfico para Galiza XA!

Colazo #2 2/Outubro/2007 Colazo

que pida explicacións o Bloque, ao PP mellor lle sería estar calado. Que tamén saben darlle outros usos aos camións de bombeiros(á mesma altura ou peor) ->http://img456.imageshack.us/im...

bainha #3 2/Outubro/2007 bainha

Para "outrolector": "Dio-los dá e eles se xuntan"

Gaviotero #4 2/Outubro/2007 Gaviotero

¿El BNG pidiendo explicaciones? ¡¡¡PERO SI SOCIATAS Y NACIONALISTAS SE NECESITAN PARA MANTENERSE EN EL PODER!!!

Además, están los del BNG como para dar lecciones de ética con la corrupción que llevan a cuestas...

gaviotera #5 2/Outubro/2007 gaviotera

eso, eso, no como nosotros, que éramos pura transparencia, cristal de Bohemia le llamaban al gobierno de Don Manuel y Cuiña!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: