Agárdanse para este martes no Parlamento chiscadelas en política social por parte do presidente da Xunta e o destaque das tarefas pendentes no camiño do autogoberno por parte do vicepresidente.
Ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, tócalle este martes abrir a quenda de comparecencias no Parlamento, onde desde ás 10h iniciará o seu discurso. Os socialistas proxectaron para este día un discurso con tres eixos principais. Dunha banda o repaso dos dous anos no executivo, defendendo polo miúdo a xestión do bipartito até ecuador da lexislatura. Por outra parte, a chamada ao pacto de todas as forzas parlamentarias, obxectivo cara ao que se ofrecerían tres ámbitos de encontro vencellados á lingua, o territorio e o autogoberno. En terceiro lugar, os socialistas priorizarían tamén o destaque das políticas sociais do Goberno incluíndo algunha chiscadela especialmente destacábel ao xeito en que o presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, realizou antes do verán no Congreso cando anunciou as axudas para as familias por cada fillo nado.
Por outra parte, a previsión para a intervención do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, inclúe o debullar das políticas sociais desenvolvidas desde o seu propio departamento, con balance do realizado e proxectos pendentes. E coma eixo destacado, o vicepresidente ha centrarse na avaliación do camiño do autogoberno. Así, o balance de Quintana incluirá a análise da situación creada nesta altura da lexislatura despois da fracasada reforma do Estatuto e as prioridades no novo escenario. Nese contexto, os nacionalistas propoñen avanzar cara a unha nova relación política co Estado, tarefa onde as competencias pendentes de transferir a Galiza aparecen como argumento fundamental. Por isto, ás portas das eleccións xerais, Quintana desafiará os grupos parlamentarios a facer fronte común en defensa das demandas do país fronte a Madrid.
é certo que a percepción da cidadanía acerca do troco gubernamental en galicia apenas se pode definir como difusa. o que sí deixa as claras o bipartito é que gobernar goberna calquera: o pepé auguraba unha apocalipse no caso de ter que marcharse e hoxe a sociedade dase perfectamente conta que pode organizarse e vivir sen aqueles ( e o cabo sen éstes tamén, ollo )sen maiores sobresaltos, cousa que tendo en conta o que costa ó erario público manter toda esta caterva, haberá que perfilar en breve.
o que sí creo que entende perfectamente a poboación é que o actual goberno de galicia está en primeiro ( e case único) lugar preocupado por posicionar o mellor posible ó partido político do que cada membro procede.
do resto, do que interesa o contribuínte: sanidade, traballo, vivenda, salarios, prezos, etc, nada. tan nulos estes como aqueles, pero polo menos estes teñen algo máis de talante e unha mirada menos vidrosa ca que xaime pita. róubannos, eso sí, pero cun sorriso máis afable.
Bastante de acuerdo con el diagnóstico de baltar69.
Tan sólo discreparía con eso de que estos tienen "algo más de talante"...
Antón Losada: "Perdona, tú tienes que acatar a los ciudadanos que te dicen que no quieren salir en la mierda de informativos que haces. (...)"
Tengo más ejemplos del talante...