Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Festivo en discusión

O 12 de outubro, algo que celebrar?

"Somos España" é lema proposto polas Nuevas Generaciones do PP. O BNG cualifica a chamada de "intolerante e excluínte".

Redacción - 09:00 02/10/2007

Desde o PP animan os cidadáns a entregárense á celebración do 12 de outubro, día para o que argallaron unha campaña baixo o lema "Somos España". A idea xurdiu das mocidades do partido, Nuevas Generaciones, e propón desenvolver todo tipo de actos institucionais "en defensa de España como nación".

Os máis novos do PP presentaron a campaña á beira dos presidentes do partido en Cataluña e Euskadi, Daniel Sirera e María San Gil, chamando aos cidadáns a responderen fronte ao que cualifican de "desafío nacionalista" e "órdago independentista". Así, entre outras cousas piden a colaboración dos alcaldes para a celebración de "plenos extraordinarios recordando a importancia do Día da Hispanidade" ou a realización de "actos de izado da bandeira española".

Desde o BNG, o voceiro no Congreso, Francisco Rodríguez, criticaba este luns a iniciativa dos populares. Na opinión de Rodríguez, as mocidades do PP propoñen a defensa da expresión dunha "España imperial, excluínte e intolerante". En declaracións a Europa Press, O nacionalista opinou que o que está en entredito é o pouco poder das nacións que integran o Estado español e a pouca vitalidade das súas linguas e culturas". Segundo o deputado galego a proposta de Nuevas Generaciones "é un acto tipicamente de exasperación imperialista co que intenta sacar réditos dun conflito para exacerbar o que ten de peor o pobo español, que é a súa intolerancia".


5/5 (4 votos)


Comentarios (16)

GALIZA_SOSEGO #1 2/Outubro/2007 GALIZA_SOSEGO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MANIFESTO POLA NORMALIDADE EN GALIZA O 12 DE OUTUBRO

Polo recoñecemento da nosa Nación, Galiza, e observando a enorme involución na que a clase política do estado hespañol está someténdonos; os asinantes deste manifesto convocamos:

Á clase traballadora, o sector empresarial, o persoal docente e académico, as/os estudiantes, a tódalas nais e pais de alumnos, as funcionarias e funcionarios, as/os dirixentes políticos, aos cadros internos de tódolos partidos políticos, sindicatos, organizacións empresariais, e todo tipo de asociacións; A TODA A SOCIEDADE GALEGA EN XERAL:


A participar o próximo día 12 de Outubro nunha xornada laboral e docente de normalidade.


Galiza non pode parar un día por que dende o estado hespañol decidan celebrar unha festa allea a nós. Os galegos e galegas xa celebramos o día nacional de Galiza ou día da Patria o pasado 25 de Xullo. Nós non esiximos a ningunha outra nación ou estado do planeta a que obrigatoriamente celebren esa festa que é nosa, e so nosa. Coma mesma esiximos ao estado hespañol a nosa liberdade de non celebrar unha festa allea a Galiza como é o legalmente denominado “Día da Festa Nacional de Hespaña”.

A sociedade galega non deixa de traballar o 11 de setembro, día nacional de Catalunya, nin o 14 de xullo día nacional de Francia, nin tan sequera o 10 de xuño día nacional de Portugal. Nin nós deixamos de traballar na nosa nación eses días, nin eles esíxenos tal.

O día 12 de outubro, os que teñan algunha enfermidade que esixan a vez para o seu medico, as nais e pais que esixan as aulas abertas para as súas fillas e fillos, as/os estudiantes que esixan ao profesorado que imparta clase, os/as traballadores/as e empresarios/as que acudan con normalidade ao seu posto de traballo, as funcionarias e funcionarios que se dirixan como cada día ao seu posto na administración. As/os dirixentes políticos que acudan aos seu despachos.

Galiza faise traballando, e demostrando publicamente que queremos traballar. Que o estado hespañol non nos impida exercer a nosa liberdade de traballar, de estudiar, de aprender ou de obter os servicios básicos de calquera día.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO ASINA ESTE MANIFESTO.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, NON PARES GALIZA.

POLA NORMALIDADE EN GALIZA O DÍA 12 DE OUTUBRO, QUE NON PAREN GALIZA.


COMO ASINAR?

Para asinar o manifesto, envia un correo a

galizasosego@yahoo.com.br

indicando o teu
Nome
Profesión
Localidade ou Nación

xacataca #2 2/Outubro/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Algo que celebrar?

Si, os 39 anos da independencia de Guinea Ecuatorial do Imperio Español.

Antes de 39 anos tamén se celebrará a nosa.

12 de outubro, boa data para independencia das colonias españolas!!!

Gaviotero #3 2/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A este Paquito Rodríguez, el que vive del dinero de España, esa a la que tanto ataca los días que no está viviendo de ella, habría que explicarle que el proyecto de España que defienden las juventudes populares es integrador, y en él caben incluso gente tan miserable, excluyente y racista como él, defensores hasta hace bien poco (y a lo mejor, todavía...) de regímenes caducos y trasnochados, de dictaduras bananeras y de sitios donde caído el muro apareció la misma libertad que tanto miedo le da a él.

¡¡¡Porque SOMOS ESPAÑA, viva el 12 de octubre, Fiesta Nacional de España!!!

Gaviotero #4 2/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ah, los nacionalistas podéis trabajar el 12 de octubre si queréis...por mí encantado. Eso sí, que sepáis que no os lo van a pagar...¡jajaja!

carlosroca #5 2/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De integradores non tedes nada. Os verdadeiros separatistas excluidores sodes vos os españolazos. Machistas, ignorantes, salvaxes, desintegradores.... Mantedes o espitiru da teórica Reconquista, da colonización e da dominación... A belicosidade e o xenocidio de todo o que non sexa coma vos. Iso si, en papel couché, con música moderna e con perfumes caros. Pero apestades mesmiño que a vosa gran Isabel, criadora da España esa que defendedes.

O resto limitamonos a resistir, e tentar existir mantendo un mínimo de dignidade e identidades. Para que a "biodiversidade" non sexa arrasada pola españolada, a inglesada ou calqueira outra caste de imperialismo.

En fin, que o 12 de outubro será un día triste, o único feito salientábel será que hai 515 anos comezou o xenocidio das américas despois de ter arrasado as terras da Hespaña ou Hispañia para tentar convertelas ao españolismo e ao catolicismo.

Seguiremos resistindo ao invasor coa nosa bandeira, a galega, ben alta. Saúde e ledicia. Por Galiza.

carlosroca #6 2/Outubro/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hispania...colouseme a plasta da Ñ, que crus ;-)

gaviotera #7 2/Outubro/2007 gaviotera
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡¡¡Porque SOMOS ESPAÑA, viva el 12 de octubre, viva el exterminio de los indios, la depredación de las colonias, la transmisión de enfermedades a razas inferiores, el tráfico de esclavos, la evangelización forzosa, la expulsión de moros y judios, el aplastamiento de las identidades pseudo-nacionales dentro de nuestro imperio, el tío Paco de Ferrol y el bigote de Aznar!!!

Wagneriano #8 2/Outubro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O raro seria que as "Nuevas Degeneraciones2 propugeram algo diferente; polo menos será fácil pôr diante do lema um autocolnate bem visível com a palavra NOM bem grande.
O que deviam é fazer essa campanha com os seus dinheiros e nom com os dinheiros dos demais, pois os PP e as suas degenerações nom se sustenhem com o dinheiro dos seus afiliados senom com o dos meus impostos.
A"pijería" urbanícola do PP (só hai que ver à sua dirigente) vem-nos agora com lérias e botando areia aos olhos; o projecto España do que eles falam é um porjecto excluinte, cultural e identitariamente genocida, homogeneizador, miserável, acanalhado...nele tenhem cabida desde a incultura glorificada de un Chiquito de la Calzada até os mais sanguinários e mostruosos espectáculos de crueldade com os animais (touradas); polo meio, e ao longo da história, uma cruel sucessom de barbaridades sem límite para impor o seu domínio político e a sua degenerada religiom monoteísta cheia de crenças disparatadas, feitiçaria e ignorância. O seu apoio e cumplicidade à invasom do Iraque e aos assassinatos e crimes ali cometidos é o melhor e mais recente exemplo do dito; o seu chefe máximo, Bigotitos Aznar, até apoio em público o assasssinato legal de Saddam Hussein como esbirro lambe-cus de Bush, enquanto apoiava a sátrapas criminais como os de Arábia Saudita ou fazia todo o possível para evitar o processamento de um dos seus, Pinochet.
España já nada nos pode nem deve dizer; susbscrevo o dito no comentário 5 e animo, de novo, a introduzir um NOM MUITO GRANDE antes do lema desses "Nuevos Degenerados"

Wagneriano #9 2/Outubro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Assim pensava de nós um nacionalista espanhol, Unamuno:

"Viven como las ranas, casi encharcados, respirando humedad. Y cuando quieren secarse los huesos -condición para que el gallego haga carrera en el mundo- o suben a seárselos a la meseta, o cruzan el mar en busca de fortuna a América. En un caso suele llegar a ministro y cacique máximo, en el otro a millonario".
(Andanzas y visiones españolas)

Wagneriano #10 2/Outubro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E assim Juan Ramón Lodares, que se matou quando ía de carro logo de cumprir o seu serviço diário ao reino como estulto catedrático de língua madrilena:

En la historia de España, la conservación de lenguas particulares está vinculada a la conservación de analfabetos generales en todo el dominio nacional. Son dos caras de la misma moneda y no se entiende un fenómeno sin otro.
(...) Aunque el gallego en Galicia fuese una cosa propia de la gente del pueblo, digno de ser olvidado por la gente urbana (...)
(As diferentes variantes linguísticas da península) Pero en si mismo, todo eso no es cultura sino todo lo contrario, es decir, rusticidad. Eso, por otro lado, da igual: con mucha manga larga se considera hoy en España cultura, lo que a penas pasa de tradición popular (...)
Los galleguistas se preocupaban por el gallego y, por tanto, se despreocupaban de la integración lingüística de los aldeanos, porque la única manera genuina de mantener el gallego en los pueblos de aquel entonces, era tener gente rústica, analfabeta.
(...) Una cosa es cultivar las lenguas del terruño, y otra decir que es la lengua del Paraiso Terrenal, o comparar la lengua que corría en boca de los aldeanos con el hebreo bíblico o el griego clásico.
(...) El vasco, el gallego y el español conviven desde hace unos cuantos siglos y, por razones tan evidentes como el desproporcionado número de hablantes a favor del español y por el hecho de que los hispanoparlantes no se han quedado anclados en una cultura tradicional, campesina y folclórica, sino que desde antiguo han marcado la pauta en el desarrollo económico vasco y gallego, el español ocupa el lugar que ocupa, y el vasco y el gallego ocupan el suyo."

Wagneriano #11 3/Outubro/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Celebremos esta data lendo este artigo:

http://www.vieiros.com/opinion...

BonKarallan #12 3/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A festa do Pilar non?

zus #13 4/Outubro/2007 zus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

somos españa?????????????? jajajjaajajajjaja estes yogurines peperos se se adicaran a empresita de papá e mercar no massimo dutti q ben lles era, e non facer o pinachas ..dende logo o q hai q ver..

aovellaquemira #14 12/Outubro/2007 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Feliz Día de la Raza, del Genocídio Americano, o de la Hispanidad.

Cando me falam de Espanha
sempre tenho umha disputa...

ecoe #15 13/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O sinhor Rajoy dixo que sería bó exteriorizar, e eu fíxeno. Sin querer escapóuseme un peido!

BonKarallan #16 14/Outubro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ecoe: Pois a min non se me escapou. Deixeino saír. E soou como unha treboada chea de tronos.

O 12 de outubro, estiven traballando no horto como un cabrón. E ao final do traballo, estaba moi canso e decidín celebralo tomando unha cervexa Estrela de Galiza.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete