Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Só en Galiza

Este verán rexistráronse máis de dúas mil denuncias por violencia machista

Este ano houbo un 5 % máis de denuncias en todo o Estado. En Galiza, 2.198 mulleres denunciaron as súas parellas ou ex parellas por malos tratos.

Redacción - 19:06 02/10/2007

Un total de 2.198 mulleres presentaron en Galiza unha denuncia contra a súa parella ou ex parella por malos tratos durante os meses de xuño, xullo e agosto, segundo os últimos datos oficiais.

Deste xeito Galiza situouse como a quinta comunidade do Estado con maior número de denuncias, por detrás de Andalucía, Madrid, Valencia e Canarias.

200 denuncias diarias en todo o Estado

No Estado Español 17.805 mulleres denunciaron este verán ter sufrido malos tratos, o que supón unha cifra próxima ás 200 denuncias diarias, un 5,2 % máis do que o pasado verán.

En todo o Estado faleceron unhas 57 mulleres a man da súa parella ou ex parella.

Ao parecer as mulleres de entre 21 e 40 anos son as que presentan un maior número de denuncias, seguidas daquelas con idades comprendidas entre os 41 e os 50 anos. A meirande parte das denunciantes son mulleres con nacionalidade española.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 3/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E as reais cánto máis incrementan os datos?

E nunha sociedade VIOLENTA POR XÉNESE pretenden as suas institucións "EDUCAR" contra a mesma (non violencia)?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: