As dúbidas sobre o impacto positivo dos biocombustíbeis medran cada día. Segundo o Nobel de Química Paul J. Crutzen, poden desestabilizar máis o clima que os combustíbeis fósiles.
Acusados de destruír as selvas tropicais e contribuír ao aumento do prezo dos alimentos, agora tamén se dubida da súa propia razón de ser. Segundo un estudo publicado polo Premio Nobel da Química, Paul J. Crutzen, profesor do Instituto Max Planck de Química (Alemaña), o dióxido nitroso liberado polo emprego de fertilizantes para crear enerxía ten peores efectos do que os gases emitidos polo uso de petróleo.
Os biocombustíveis producen un 70% máis de gases nocivos que o petróleo
O estudo, publicado na revista Atmospheric Chemistry and Physics, explica que a colza, -moi empregada en Europa para a produción do biodiésel-, e o millo, -que nos EUA está na base do etanol-, producen entre 50 e o 70% máis de gases con efecto invernadoiro do que os combustibles fósiles. Isto é debido, sobre todo, ás emisións de óxido nitroso, un subproduto dos fertilizantes a base de nitróxeno empregados na agricultura, que ten 296 veces máis potencial de quentamento global que o dióxido de carbono.
A investigación liderada por Crutzen chega a resultados de 3 a 5 veces máis graves do que anteriores análises do ciclo de vida feitas sobre os biocombustíbeis. Isto sen teren incluído nas contas a enerxía gastada para transformar os materiais agrícolas en combustíbeis, segundo subliñan os autores, que pode aínda tornar máis evidentes os efectos negativos do seu emprego.
A máis beneficiosa, a cana de azucre
De todos os materiais agrícolas usados na produción de biocombustíbeis, o que parece ofrecer máis beneficios é a cana de azucre. Mais, ao medraren nos trópicos, hai moitas incertezas sobre o seu impacto nas selvas, xa que, ao procurar novos terreos para as plantacións, axudan na deforestación.
Os autores deste estudo aconsellan máis estudos sobre o ciclo de vida dos biocombustíbeis e defenden métodos de cultivo menos intensivos. Segundo un dos autores do proxecto, Keith Smith, agora mesmo, tal como está a ser producido, "o etanol feito a partir do millo non deixa de ser inútil".
O problema do etanol nos EUA
Os inversores téñenlle medo ao mercado do etanol. Está facendo que suban os prezos do millo e doutros alimentos e ao haber tanto producido, hai un exceso de oferta, que está facendo que os prezos vaian á baixa. O ritmo ao que foron construídas as destilarías non atopou escape na distribución. Daquela a abundancia de etanol é un problema, porque ademais é corrosivo e permeábel á auga e ás impurezas, polo que non se distribuír pola rede de oleodutos, o que está a saturar os outros medios de transporte.
Nesta foto unha mangueira "biohumana"
http://farm2.static.flickr.com...
Esto era obvio antes de empezar: cando o Imperialismo promove algo, algo teu está a ponto de chamusca!
Haberá que mandarlle esta noticia aos da Xunta que hai unhas semanas estaban a loar as virtudes desta peste ecolóxica chamada "biocombustibles". E mesmo se están a construir varias plantas de biocarburantes en Galicia.
Os biocombustibles non van solucionar a dependencia do petróleo, pois cada ano consumimos en combustibles fósiles o equivalente á todas as plantas que produce a Terra ao longo de 400 anos. Eso si, como sigan a extenderse imos pagar a barra de pan máis cara que os percebes do Roncudo. E dos estragos medio ambientais non digamos, as selvas do Sur de Asia xa case desapareceron arrasadas por plantacións de palma, e agora chegoullo o turno ao Amazonas co acordo entre Brasil e EEUU para a produción de biocarburantes os días do pulmón de planeta poden estar contados.
Se o tema dos beneficios para o medio natural dos aeroxeneradores xa está en discusión, este dos biocarburantes non ten dúbida ningunha, son un dos maiores desastres aos que se enfrenta o Planeta. E todo con consentimento de moitos chamados ecoloxistas, todo sea dito.
Sexamos un pouco prudentes e pensemos que as noticias e os informes tamén poden vir condicionados. Informes de que os eucaliptos non son bos para o medio ambiente e que as pontes e meirama noncontamninas existen a centos e esto non quere dicer que sexa verdade. pareceme a min que a industria petroleira ten que contratacar e desacreditar os biocombustibles pois este é un sector que eles non controlan. Non digo que a noticia non sexa certa pero o que si é certo e que a escalada de prezos dos cereais e dos aceites estanos deixando ver claramente que occidente paga a enerxia mui pordebaixo do prezo real e que por ilo sucenden cousas como a a guerra do irake. falei