Animan aos internautas a advertir ao fabricante que non mercarán os seus mp3s se non incorpora a lingua do país
O grupo de activistas a prol do galego en internet, a Ciberirmandade, acaba botar a andar unha campaña para que Blusens, a firma santiaguesa líder en reprodutores de mp3, empregue o idioma do país.
“Creada en 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo e un servizo post-venta personalizado” argumenta a Ciberimandade. O colectivo anima a mandar correos á empresa para que “as súas páxinas web se fagan na nosa lingua”. Neste intre só están dispoñíbeis en inglés e castelán.
Posíbel boicot?
É máis, a Ciberirmandade pide aos internautas que advirtan por correo á empresa que non comprarán os seus produtos se non apostan polo galego. "Infórmolle de que esta cuestión terá moita importancia para min á hora de elixir ou cambiar de empresa nos tramos de servizos que prestan" sinala o correo de protesta.
Que o hospital Modelo, que Froiz, que a Semana Verde de Silleda, que o Insti... xa o sabedes, NUNCA LLES HA FALTAR ÓS DA CIBERIRMANDADE operadores lingüísticos que campañear!!
Seguimos cos erros de vulto de sempre: sectorizar o que pola súa natureza é unidade.
Tamén animo ós da CiberIrmandade da Fala a que propoñan, de ser o caso como iniciativa lexislativa popular, un texto de LEI DE USOS LINGÜÍSTICOS NA GALIZA que claree os dereitos, obrigas e cargas de todos ó respecto. E que se deixen de campañear os débiles (a Administración de Xustiza non a campañean!, e sería por onde tocaba comezar o campañeo).
Con cais poderes se vai artellar a lei de usos? Cos mesmos que a de normalización? Imos dad*s!
A Ciberirmandade da Fala prega o emprego da nosa lingua a webs galegos de institucións, empresas ou particulares; non campañea ós febles; as empresas toman as súas propias decisións e hainas que toman a de te-lo seu web en galego.. unha asociación de cibernautas penso que non pode propoñer unha lei ou facer cambiar á Xustiza.
Neste caso, Blusens gábase nas súas intervencións de "Nuestra identidad local es la que nos impulsa a expandirnos internacionalmente"; "podemos permitirnos ser únicos, ser diferentes". Así entre nós diría que teñen a cara un pouco dura :D .
Ogallá que se cumpla o obxectivo e Blusens e tantas outras empresas confíen no poder do noso idioma.
yo tambien propongo una campaña contra las webs que acordar hace en español.
pastorclic,universal suport.
cuando hay dinero la lengua nos la metemos en la boca y la cerramos.
para mín non ten dudas que unha páxina web dunha empresa ou administración galega ten que estar en galego, pero non por imposición ( la lengua es un derecho, no una imposición, cacarea algún de madrid e non está a cousa para darlles munición) , se non por simple naturalidade. máis nas tic o feito normalizador non é tal e, levado por un globalismo cosmopolita e un tanto zarabeto donde o allea é o in e o noso está out, a língoa do país apenas é usada nestes contextos. de todas formas non é de estranar, xa que moitos dos formadores académicos son alleos ó país ( reseñable o caso do exdirector da esei de ourense, j.f. gálvez, granadino de nacemento, que dende o primeiro intre empeñou tempo e valía en manexarse en galego tanto no círculo persoal como profesional, tendo un exquisito cuidado en manter sempre o galego como língoa oficial nos temas administrativos e servindo de guía a unha boa parte dos docentes nados fora de galicia que pasan ou pasaron por dita escola universitaria ) e o horizonte de todas estas persoas interesadas por este tipo de tecnoloxía ten o seu punto de encontro máis no val do silicio californiano que no polígono das gándaras. de feito eu vexo que a meirande parte dos empresarios e traballadorse do sector non empregan o galego como língoa vehícular, o que crea unha distancia entre a sociedade e este tipo de profesionais.
o exposto enriba representa un contrapunto importante na normativización e mantemento dun idioma e dunhas sinais culturais; a teima globalista precisa de homoxeneidade para que os usuarios non pensen; precisa de asentimentos, esquemas mentais e impulsos comúns para que a mercadotecnia funcione a nivel global. eso representa un perigo contra as culturas periféricas e, neste caso, representa unha agresión contra o galego difícil de atallar.
nun enfrentamento directo contra as língoas do capital trasnacional, o galego está en franca desventaxa; debemos pois artellar algúns métodos para defendelo, axudas a aquelas empresas e entidades que o usen e potencien, pois si deixamos ó sacrosanto mercado guiarse polas súas inercias, o noso idioma desaparecerá do uso cotidián no medio centífico e comercial en ben pouco tempo.
teño, eso sí, algunha dúbida polo escrito nesta noticia, e noutras que levo observado nos últimos tempos, con relación á firma santiaguesa. cando se fala de que blusens é líder en tal ou cal sector, de donde se saca ese dato? con quen se está a comparar? eu traballo no sector informático e vexo a escasa repercusión que ten no conxunto, anque é posible que teñá o mercado en manila ou vladivostok.
cando se dí que ten fábricas en china, refírese o redactor a sistemas de produción propietarios ou a que merca determinada cantidade de producción a fabricantes de productos oem pondo logo a súa pegatina enriba e facendo que o producto que se chama redbell, differo ou energy system en euskadi, madrid ou cataluña, aquí se chame blusens?
por outra banda, o material que teño mercado da marca non deixa de ser material de ínfima calidade e algúns maioristas, cos que departo de vez en cando, viraron o interés pola marca en busca de productos máis solventes con menos tasa de retorno por averías.
ben estaría, pois que a páxina web estivese en galego, pero moito mellor sería que os productos que comercializan tivesen mellor remate para así ter un motivo de peso para traballar con eles. ese sí sería un bo sistema e non destinar a súa capacidade en mercar ó peso reproductores que non pasan no 80% as directrices mínimas de calidade e ergonomía para darlles un baño de marketing no que tamén vieiros, quizás de forma altruista, quizás non tanto, tamén semella participar.
As redaccións en xeral das novas eiquí son ben ambiguas e ás veces bastante incompletas e lixeiras, esquecendo outras de maior importancia que non poñen!
Lois_de_Silán es outro probrinho de tanjallejocomoojallejo :P
A CiberIrmandade é unha asociación de internautas que exerce os seus dereitos como lhe peta. Se queres monta un asociación a fai o que che pete.
Enviade o prego e grazas por colaborar na campanha ;)
KikodasLeiras!, lin o teu comentario. Como comprenderás, non teño máis nada que dicirche; a túa mensaxe é clara e completa.
Moita saúde!