Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR UN IMPORTE DE 285 MILLóNS

Navantia asina un contrato con Australia para construír tres buques de guerra

A operación de exportación máis importante da historia da compañía garántalle 800.000 horas de traballo ao asteleiro de Ferrolterra.

Redacción - 11:24 04/10/2007

A empresa pública Navantia e o goberno de Australia asinaron este xoves un contrato para a fabricación de tres destrutores. O asteleiro ofrecerá o deseño e a asistencia técnica en colaboración co asteleiro australiano ASC. O contrato reportaralle 285 millóns de euros a Navantia, ademais dunha carga de traballo estimada en 800.000 horas.

Segundo un comunicado da propia empresa, o goberno de Australia seleccionou o proxecto que considerou con mellor calidade-prezo ca o da estadounidense Gibbs&Cox. Dende Navantia sinalan que esta última operación “contribúe de xeito decisivo á consolidación dun sector público da construción naval militar forte e con garantías de futuro”. A vindeira semana, a compañía agarda pechar o contrato de construción de dous buques anfibios o que suporá a maior operación de exportación da historia da empresa.


1/5 (1 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 4/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Viva a gherra, que no capitalismo serve para manter e criar dignísimos postos de traballo, coma por ex. sepultureiro ("deus dea traballo")

Para Australia váleslles anque namais sexa para INTERVIR DIRECTAMENTE nos asuntos INTERNOS poñamos de Timor Leste, que no mapa australián debe cair como Nicaragua a Washington no mapa de Reagan (ehí diante da porta)!

Colaboremos que haberá beneficios para tod*s e os mort*s non protesten.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: