O vicepresidente asegura haberá aumentos progresivos a medio prazo.
O número dous da Xunta, Anxo Quintana, asegurou este venres que as pensións non contributivas terán un aumento, “polo menos”, dun 5%. Porén, o obxectivo é que haxa subas progresivas a medio prazo. O líder nacionalista subliñou que este aumento era un compromiso do Goberno dende que se iniciou a lexislatura.
Quintana afirmou que “non podemos quedar de brazos cruzados” cando Galiza ten as pensións máis baixas do Estado, aínda que lembrou a competencia é do goberno español.
Moi ben! .... e os que traballamos e cotizamos, ... fodémonos!
Estou pensando en facerme un mangante, un borracho, .... e pedir unha pensión NON CONTRIBUTIVA.
Por que esto de estar a cotizar para que unha pandilla de "chupóns" cobren 15.000 €/ano de por vida, non me parece nada ben.
¡Viva a obxeción Fiscal!
¡Viva o compañerismo e a borrachera!
¡A pola non contributiva!.. ou..... ¡a pola pensión de 15.000 €/ano vitalicia! (je je je ...)
pois eu traballo e cotizo para que xente coma miña nai que traballou e non cotizou (como moitas máis, sobre todo no rural), que agora ten unha grave enfermidade que non lle permite traballar nen cotizar, cobra pouco máis de 300€ ó mes para poder malvivir. haberá mangantes e borrachos que se aproveiten desta pensión, máis tamén hai moitísima máis xente que a desfruta con motivo. xa lle gustaría a miña nai poder estar traballando e cotizando!!!!
en canto a tí A2b2, hai que ter moito coidado con este tipo de mensaxes estúpidos que só buscan o chiste fácil, dicirche que esa actitude clasista, insolidaria e desprezante polos problemas dos demais, non che leva a ningures, agardo que nen tí nen ninguen da túa familia teña que vivir nunca con esta miseria. tes todo o meu desprezo!!