"Non pode ser que soportemos aeroxeneradores, encoros, térmicas e que os impostos se paguen en Madrid e os beneficios queden alí", dixo este xoves Fernando Blanco, conselleiro de Industria.
"A solidariedade nótase aí e non con outras cousas", reflexionou esta quinta feira o conselleiro de Industria. Fernando Blanco indicou que os galegos teñen dereito a "percibiren os beneficios dunha enerxía, que entre outras cousas exportamos nun 40% ao resto do Estado".
As súas palabras viñan ao fío das declaracións do vicepresidente de Fenosa, Honorato López Isla, quen se opón ao canon aos encoros que prepara a Xunta. Sobre a ameaza de López Isla arredor da posíbel suba do prezo da electricidade por este motivo, Fernando Blanco opinou que no custo do recibo inflúen moitos outros factores e apuntou tamén ao respecto que o Ministerio de Industria, que é quen dispón de competencias relacionadas, "debe afrontar este prezo de xeito firme e claro para que todos saibamos cal é o custo preciso".
esta é a nova mais importante do dia? Porque que a família de Pinochet vaia ao cárcere é notícia e a detençom de 22 membros da esquerda abertzale nom?
Como di o conselleiro, Galicia exporta o 40% da enerxía eléctrica que produce e aquí non vemos nin un can.
Eu xa non pido que nos paguen por esta desfeita que estamos a sufrir, só pido que non fagan máis centrais, nen parques eólicos... Pero creo que os da Xunta non van por eiquí, non hai máis que ver como a Xunta está a pedir a Madrid máis potencia eólica para Galicia.
Debe ser que temos poucos muiños.