Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Orde do xuíz

Toda a familia Pinochet ao cárcere

A viúva do ditador, os cinco fillos e máis un grupo de estreitos colaboradores foron enviados a prisión por presunta malversación de fondos públicos.

Redacción - 09:00 05/10/2007

As investigacións sobre a fortuna acumulada polo finado xeneral chileno deron esta semana na detención da familia do ditador. Lucía Hiriart, viúva de Augusto Pinochet, e os seus fillos Verónica, Lucía, Jacqueline, Augusto e Marco Antonio, están presos desde esta quinta feira. Atribúenlles, xunto a un grupo de colaboradores, a presunta implicación no desvío de fondos reservados a numerosas contas secretas en bancos internacionais desde a chamada Casa Militar. Tratábase esta dun comité que funcionaba case ao xeito de ministerio paralelo ao servizo dos intereses do ex xeneral.

Acusados durante anos por deputados da esquerda de gozar de certa "impunidade", non é a primeira vez que teñen que enfrontarse coa xustiza. En 2005 xa foran tamén procesados coma cómplices de fraude tributario a viúva e seu fillo menor. Agárdase que tampouco sexa a última novidade sobre a fortuna de Pinochet e que se siga tirando dun fío de investigación iniciado hai xa tres anos e que tivo un dos seus descubrimentos máis espectaculares na aparición de varias contas secretas no Banco Riggs e noutras entidades onde Augusto Pinochet acumulaba até 27 millóns de dólares.

Poden ampliar na prensa chilena:


5/5 (1 votos)


Comentarios (14)

ulo #1 5/Outubro/2007 ulo

Qué sorte teñen alguns; a familia do dictador... español, esta protexida pola lei de punto final da Transicion, polos partidos "democráticos", o PP e o PSOE, pola xudicatura e o exercito, nun exercicio de hipocresia que só ten unha comparanza: a doble moral diante do xenocidio palestino.
No mundo ha dous reximes brutais que teñen patente de corso, o sionista israelí e o español. A os sionistas se lles concede o permiso para asesenar impunemente en Palestina; e no estado español os mestres dos xenocidas de América, os franquistas, dan leccións de democracia e ilegalizan organizacions.
O mundo do revés.
E esta moi ben que metan na prision a familia Pinochet, a pena é que non viva Pinochet para facer o mesmo.
Mais que cunda o exemplo: prision para a familia Franco, por enriquecimento e complicidade co xenocidio.
Que o sr Garzon, tan valente contra Pinochet, que faga o mesmo cos franquistas... a que non se atreve.

Pedrel #2 5/Outubro/2007 Pedrel

Ben polo comentario de ulo! Xa escribía eu sobre o tema nestes días sen coñecer esta nova. Os gobernos verdadeiramente democráticos levan á xustiza tódal-as accións dos dictadores. A transición foi unha connivencia de forzas para non perder poder. Agora as consecuencias son que se dí "non remexer, a transición trouxo paz". Mentira. Trouxo lama para tapar ós mortos, represaliados, expropiados, etc. Os tempos son chegados para que os bens do franquismo, da familia Franco e dos seus ministros, incluído Fraga que dí que non roubou ren, sexan devolvidos ó pobo.
Os xuizes a traballar arreo pola recuperación da memoria. ¿Será? Cousas veredes...

ulo #3 5/Outubro/2007 ulo

As Comisions da Memoria Historica, as organizacions da esquerda e antifranquistas deben denunciar ante a fiscalia os delitos de lesa humanidade cometidos polos franquismo, na persoa de, por exemplo, Manuel Fraga Iribarne, membro de gobernos da dictadura, e polo tanto responsabéi das decisións colectivas do mesmo.
Non ha porque esperar a nova lei de punto final que queren impór; o delito de xenocidio, imprescriptible, é perseguible de oficio e a instancia de parte, non só a xuridisccion española, senon por calquer instancia.
O Tribunal Penal Internacional ten competencias para facelo.

OBSERVADOR #4 5/Outubro/2007 OBSERVADOR

Não, Garçon mete-se com Batasuna. Ou seja, vai de parte dos franquistas.

ecoe #5 5/Outubro/2007 ecoe

Cando haxa democracia será a Fiscalía quen acuse de oficio

ecoe #6 5/Outubro/2007 ecoe

Por malversación de Fundos Públicos, eh!!!

Nada por ASASINATOS! Os pobres chilenos levan o noso camiño, e igoalmente van dados!

baltar69 #7 5/Outubro/2007 baltar69

coño, a ver si garzón vai ir ahora polo henry kissinger.

alboiando #8 5/Outubro/2007 alboiando

duas cousas:
1. desgraza é que a capone o pilharan por evasión de impostos.
2. dicia Benedetti, mais ou menos, "que se suicide un torturador no lo redime de sus culpas, pero algo es algo".

COUTOVEN #9 6/Outubro/2007 COUTOVEN

Es muy triste ver que hasta las familias de los dictadores se envilecen con la conducta de los mismos.

Si bien es posible que sus miembros no fuesen participes directos en los criminales actos de este sangriento dictador. El solo hecho de aprovecharse de la riqueza de su nación y cerrar los ojos ante sus desmanes, los hace reos de delito y por lo tanto tienen que responder ante la justicia de los hombres.

En el caso de España se tendría que ver ¿hasta qué punto la herencia del Caudillo es digna de una práctica similar? Y entendiendo la palabra herencia del Caudillo, al conjunto de intereses creados y que aún perviven en una España otrora republicana y sus nacionalidades históricas donde Galiza lucha por afianzar su categoría de nación.

Cuando la República fue defenestrada y el Caudillo sumió a los pueblos de la península a un manto de opresión, que solo desapareció “PARCIALMENTE” con la muerte del mismo.

Hay que hacerse la siguiente pregunta ¿Retornaron las condiciones legalmente establecidas antes de la insurgencia de Franco? No existe una responsabilidad (por lo menos moral) en la familia del Caudillo y la Familia Real, al haber sido tolerantes ante los desmanes que realizó el mismo hasta sus últimos días. ¿Puede un proceso electoral legitimar la herencia del dictador, a un Rey o a las personas que compartieron sus intereses?

En la época que nos toca vivir, donde la conciencia de universalidad del ser humano determina que todos los hombres son iguales entre si y ante las leyes. Es risible hasta la enésima potencia justificar los privilegios que ostenta la corona. No precisamente “por la gracia de Dios” sino “por la gracia del Caudillo”.

Ahora, para que pudiesen existir un Pinochet, un Videla, un Franco, un Somoza, un Trujillo, un Pérez Jiménez o un Hugo Chávez. Casi todos militares, que juraron ante la bandera de su país defender una nación y nunca utilizar las armas contra su pueblo. Tiene que haber fallado la justicia hasta el punto de permitir que accedieran al poder a estas personas y es necesaria la conducta cómplice de medios económicos, informativos naciones e internacionales.

Todos los dictadores crean un entorno de adulantes y cómplices que viven a cuenta del poder retirado ilegítimamente a su pueblo. Ese mismo entorno trata de crear las condiciones para perpetuarlos ya que la sobrevivencia de los mismos es garantía de seguir disfrutando de ganancias y privilegios.

Todos los Dictadores (de forma especial los latinoamericanos) se llenan la boca pregonando que han sido “reelegidos” en múltiples oportunidades, cuando lo cierto es que su control absoluto de los poderes sumado a la compra de conciencias y amedrentamiento de la población garantizan su perpetuidad.

Lo cierto es que toda aquella persona (militares en especial) que en algún momento de su vida hayan utilizado las armas para acceder al poder, tendrían que ser penados con la máxima sanción privativa de libertad al igual que la prohibición de optar a cargos políticos de por vida.

teixugo #10 6/Outubro/2007 teixugo

COUTOVEN, não mesture "churras con merinas"!!!

COUTOVEN #11 6/Outubro/2007 COUTOVEN

Aclare un poquito mas por favor señor TEIXUDO de que "MESTURAS" habla usted.

BonKarallan #12 7/Outubro/2007 BonKarallan

Hai que encerrar a Pinochet tamén, aínda que estea morto.

¡Garzón, que se che escapa o morto!

teixugo #13 8/Outubro/2007 teixugo

Senhor COUTOVEN, das que tem na cabeça!

COUTOVEN #14 10/Outubro/2007 COUTOVEN

Mire señor teixudo.

En mi cabeza tengo lo que mi saber y entender me permite. En sus opiniones que malamente pueden alcanzar la categoría de insultos, solo demuestra que carece de argumentos para darle el mínimo sustento.

Por lo tanto, prefiero mi mestura de ideas que por lo menos es algo, que la oscuridad en la que usted está sumido y que lo lleva a defender sus opiniones tal vez valederas con argumentos tan pobres.

De todas maneras le agradezco los comentarios y comprendo el gran esfuerzo intelectual que significa para usted el expresar sus opiniones.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: