Os membros da formación política vasca estaban reunidos para anovar a súa executiva.
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón ordeou a detención da cúpula de Batasuna. A actuación policial tivo lugar mentres que dirixentes da organización política vasca estaban a celebrar na noite do xoves unha reunión en Segura (Guipuzkoa). Segundo as primeiras informacións, axentes da policía coñecían con antelación que ía producirse a xuntanza para anovar a dirección e tiñan controlado o inmóbel.
Entre os detidos figuran destacados dirixentes da esquerda independentista vasca como Joseba Permach, Rufi Etxebarría e Juan José Petrikorena. Todos foron conducidos a dependenciais policiais de Donosti onde pasaron a noite. Agárdase que o vindeiro domingo sexan trasladados até a Audiencia Nacional.
A actual Mesa Nacional de Batasuna esta conformada por 38 persoas. O seu voceiro, Arnaldo Otegui, permanece na cadea dende o pasado mes de xuño. Unha das primeiras organizacións vascas en pronuciarse foi Aralar. Esta formación cualificou as detencións de “barbaridade xudicial e política”.
Poden ampliar en Deia, Gara e El Correo.
parece como si o pnv estivese a darlle motivos o pepé e batasuna o pesoe, non? si o mundo fose como nos queren ensinar ca educación á cidadanía, todas estas manobras non farían falla, pero hai unha grande distancia entre e teoría e a práctica.
ibarretxe pon nun brete ao partido socialista e a pingue ventaxa da que dín que dispuña ferraz frente a xénova, nunhas hipotéticas eleccións a día de xá, desvanécese até o empate técnico. mariano raxoi, que vexetaba no limbo da incomprensión e camiñaba cara un estampinarse certeiro, fáise de pronto atraínte para a españa que se toma en serio a posible fragmentación da terra acuñada polos reises católicos e o presidente zapatero, coitado, semella non conter o suficiente as ínfulas soberanistas dos vascos.
pero cómo que non? non estamos a deter a todo quisque na esquerda nacionalista vasca? volveuse ó cárcere a de juana, meteuse a otegui adentro tamén, colleron en francia a non sei cantos rapaces buscados por caleborroca, impediron non sei cantas masacres con coche bomba en andalucía e levante... e ahora, coma nos mellores tempos do aznarismo, meten para adentro á mesa nacional de batasuna ( bueno, ahora meten a mesa cesante e a que se quería constituir, meten a tódolos que estaban: os donos da casa, os camareros, a un fulano que pasaba por alí leer o contador do gas... ). el gobierno se muestra fuerte y resoluto en defensa del ordenamiento jurídico, parece decir rubalcaba desde os seus mírares cuévanos.
tal e como non se xoga cas cousas de comer, con estas tampouco se improvisa; todo semella unha folla de ruta predefinida. a vontade de zapatero de achar solución o problema das nacionalidades e a refundación do estado para unha conviencia, de polo menos outros 30 anos, topou a férrea oposición do partido popular e dos séus altavoces mediáticos, non tanto porque a dereita non saiba tamén da existencia de ese follón e da necesidade de arremangarse e ocuparse de el, se non porque a loita política no occidente democrático volveuse tan enconada ante a necesidade de detentar o poder para manexarse cos grandes grupos económicos, que todo vale para desaloxar o contrincante das parcelas gubernamentais. así que non quedou máis remedio que mudala estratexia. eta e o seu entorno coñecían perfectamente as difícultades polas que pasaría o proceso, mentras que o pesoe intúía que sí, que podía ser largo e que precisaría de varias lexislaturas. fixeron falla, como non, postas en escea, a máis cruel de elas a que acabou ca vida dos dous inmigrantes ecuatorianos na terminal de baraxas, e que se continúa ahora con estes hipotéticos terroristas a los que las fuerzas de orden constitucional detienen entes de cometer el bárbaro atentado que planeaban cometer en próximso días. xa.
quizás o que non entraba nos plans de batasuna nin do pesoe é a aparición do pnv resucitando o seu perfil máis soberanista, adormecido dende que arzalluz vise desautorizado o seu delfín polo candidado imaz, apoiado( anque os editores dos medios informativos non o recorden) polo mismísimo lendakari que ahora parece o seu maior contrincante ideolóxico. así imaz é a víctima propiciatoria para sacrificarse ante o altar do de llodio, que dende as pasadas elección síntese o home forte do partido, pois non en vano evitou co seu carisma e capacidade unha caída maior do pnv, caída que parecía abocada a ser soada si o tirón batasuna/pesoe prosigue ate acadar o acordo de paz. o sector máis soberanista ( que é maioritario, por certo ) do partido sabinista corría o risco de seducirse polas teses de ea e mesmo de buscala recuperación de batasuna e acatar moitos dos seus postulados. de ahí que o lendakari volvese ahora á carga co seu plan, xusto nun momento en que o goberno central puña toda a súa artimañada no entorno eta/batasuna. non é de extrañar tampouco que a análise dende madrid sexa de película de bons e malos: imaz é o moderno, o progresista, o bon e ibarretxe é o malvado que quere ganar en augas revoltas, que quere a secesión e que representa o pasado e o rh. da, da, da.
sen dúbida agardan tempos interesantes na area política, donde non faltarán traizóns e vaivéns e donde sobrarán tamén mentiras e falsas postas en escea con persoaxes centrais e invitados de luxo, como este garzón recurrente. pero eu creo que o camiño que esbozo non difiere moito da realidade. e é que ésta non ten moito máis para donde ir. sen duda sería máis recomendable poder facer estas cousas á luz do día, pero hai demasiados intereses interrelacionados; dalgunha forma, no futuro, haberá quen recoñeza a zapatero a sua labor mediadora e a sua recontrucción da pel de toro, pero, o non contar co pobo para facela, coido que quedará coxa e sera insuficiente para as aspiracións reais dos cidadans, anque un de esos moitos referendum que se fan lle dé un baño de lexitimidade.
paréceme normal que os xuíces do pp, como este e o marlaska e os outros todos obedezan as ordes dos fachas. Mellor dito, non as obedecen, non fai falta que obedezan, xa eles saben o que teñen que facer. Tamén poden vir por min, pois en españa existe o delito de opinión.
din na televisión que a inquisición desapareceu non sei en que ano. .... Mintira!, cambiou de forma: se estivesemos no séc. XVIII ou XIX dirían que os de HB non teñen alma e que se pode facer con eles o que se queira.
Despois que miren para outro lado cando temos a plena seguridade de que a violencia PARTE do €$tado €$pañol FUNDAMENTALMENTE, -con Franco e posFranco, cos máis franquistas e cos, aparentemente, (coidan moito as formas) menos franquistas (é unha gradación, mais tod*s adoecen do mesmo mal dictatorial, fascistoide e inxusto esenciais á sua constitución).
Non vai ser con ningunha violencia -o dinamitado das regras legais quedou atrás, mesmo como no 11 SET 02- como se RESOLVAN os CONFLICTOS estructurais, e moitísimo menos pola parte obrigada a ter que ofrecer unha maior altura políticotécnica, pois conta con tódolos medios que caracterizan un estado.
A actitude estatal desde e ata aquí, amosa claramente o camiño errado para ningunha resolución de ningún conflicto. Só vergonza allea, intransixencia, dar que falar a nível mundial (porque non acalarán as voces nin internas nin externas, nin é posible silencialas.
As xentes en todo o mundo hanse preguntar qué pasa en Spain que seguen os sobresaltos das DETENCIÓNS DE POLÍTICOS, das PROHIBICIÓNS, do cárcere, atentados, torturas, etc. etc. todo IGUAL que hai xa 30 anos.
Quenes non estén conectados ós resortes do Réxime,ou no exterior, tanto na América Latina como na Europa, terán a cada máis claro o EMPECINAMENTO do €$tado €$pañol en manter vivo o CONFLICTO, alimentalo e mesmo engordalo, a pesares das apariencias "demasiado aparentes" (permítaseme).
Semella un ben mal, moi mal camiño.
Isto é uma vergonha, é simplesmente a perseguiçom por delitos de opiniom, é uma ediçom moderna da velha Inquisiçom espanhola. O estado genocida espanhol, com todos os meios de silenciamento e extermínio ao seu alcance, protagoniza mais uma agressom contra as vozes dissidentes, neste caso o independentismo basco.
Detiveram-nos por se reunirem. Espanha ditadura!
Esta acción e todas as realizadas revelan nídiamente dous pontos fulcrais do €$tado €$pañol: o seu RECHAZO A CALQUERA SOLUCIÓN DEMOCRÁTICA -o problema "español" segue sen ser resolto, ó contrario, segue en vilo-. E segundo, a ABSOLUTA DEPENDENCIA DO XUDICIAL DO GOBERNO, das xudicaturas, do xudicial sobre o lexislativo (é un só poder, o mesmo en ambas vertentes).
Moi malos tempos para a Democracia estamos a viver!
¡Jajaja! Qué bueno...cómo berreais...vuestros amiguitos batasunos en la cárcel. A ver si pasan una buena temporada en el trullo.