Xobni instálase só e dá unha boa dose da intelixencia que lle falta tan cruelmente a Outlook (e aos programas de correos en xeral)
Pódese atopar en TechCrunch40. Ten tres virtudes principais:
- Xobni (que quere dicir "inbox" ao revés) facilita a xestión do correo electrónico: cando se mira unha mensaxe, os números de teléfono do remitente móstranse. Se se busca unha data para unha cita, vemos o e-mail en cuestión da columna de dereita o que evita ir e vir moitas veces ata atopar a data e a hora que se precisan.
- Permite racionalizar o uso mostrando os e-mails aos cales se responde, aqueles que se ignoran (e que nos interesa eliminar). Fai un perfil de cada contacto e mostra o historial dos intercambios de mensaxes ou as conversas con cada un, incluído o tempo que dedicamos en responderlles. Un gráfico sinala as horas do día nas que os contactos están máis activos, o que permite escribir no momento necesario.
- Saca partido dos nosos intercambios de e-mails para darnos informacións útiles sobre as nosas redes sociais mostrando ás persoas asociadas ao contacto que nos envía un e-mail.
Isto permite por exemplo atopar un nome nun box que nos interesa mirando un e-mail enviado a varias persoas por un contacto que traballa no mesmo sector. Xobni funciona con Outlook sobre Windows pero promete plug-ins para outros programas, incluído de mensaxerías instantáneas e de redes sociais.
A aplicación está, de momento, só dispoñible baixo invitación do webmaster.
Ed Kohler espera que pronto sexa copiado polos grandes. Dan Farber recorda o traballo feito e o diñeiro investido por Microsoft para mellorar Outlook, darlle máis intelixencia na selección do correo, sen éxito.