O Sindicato de Xornalistas critica a influencia na autonomía dos medios que causan estas axudas públicas.
A loita contra a precariedade laboral "habitual nas empresas da comunicación" e o impulso do "uso real da lingua" deberan ser criterios fundamentais á hora de estabelecer este tipo de axudas públicas, segundo insistía outra vez esta semana o Sindicato de Xornalistas de Galicia.
O colectivo pronunciouse novamente sobre a cuestión esta mesma semana, ao fío da información publicada na rede por Galicia Confidencial onde se sinala polo miúdo o número de convenios e as cantidades correspondentes que a Xunta acordou cos medios de comunicación. Este tipo de axudas, decididas directa e subxectivamente por cada consellaría, implicaron o reparto de 6.619.642 euros, concedidos maioritariamente aos catro principais grupos de comunicación con actividade no país.
"A ninguén se lle escapa que o actual enorme volume de subvencións inflúe na autonomía que algunhas empresas confiren aos seus xornalistas para cumprir o seu traballo, informar obxectivamente aos cidadáns", sinala nun comunicado o Sindicato, "trátase, ademais, de empresas que en moitos casos ofrecen condicións laborais ínfimas aos seus traballadores".
Bon, pois semella que o continuismo continúa na política subvencionadora e governamental con esta Xunta de Progreso. Tanto falar Touriño e Quintana no debate de hai uns días sobre unha Galiza non subvencionada, que quer ser cabeza de case todo, para bater con este panorama que, sen enganos, significa máis do mesmo: compremos aos medios de comunicación ou, canto menos, que adebeden ao Poder algo para logo facer transacións.
Se estivera no Poder, sería tonto (son do xénero masculino) se deixara correr a oportunidade de oferecer aos grupos de comunicación galegos unha pasta para mantelos ledos, ou canto menos manter ledos aos propietarios dos medios.
Mais tamén se chegara ao Poder contando películas sobre "hai que modificar o criterio con que se otorgan as subvencións aos medios... ", para despois rematar así, mantendo o mesmo sistema, pois qué quer que lles diga.
Claro, é difícil crear-se un inimigo se o inimigo ten por nome crismado Santiago Rey Fernánde-Latorre..., que va, con ese home non hai bromitas, porén teña en venda permanente a "La Coz de Galicia".
Ademáis, ter un amiguete nos medios de comunicación axuda para facer unha campaña publicitaria e de opinión en temas gordos, tipo Reganosa e así, ou Celulosas, que hai negocio de ladrillo, coa caixa amiga detrás ou a carón, non sei moi ben.
Que conste que isto das subvencións a medios privados de prensa, antes ca Fraga, praticavao Franco, ou sexa, que che ven de ben atrás, dito sen segundas.
E que o Colexio de Xornalista, agora, en 2007, saiba que a precariedade laboral está instalada nos medios de comunicación (¿porqué non dí este novo sindicato vertical qué medios contratan así, e a listaxe sería de hoxe até mañá: El País, Cadena Ser... )... (ou que os novos empregados en empresas xornalísticas teñen que se dar de alta como autónomos se queren traballar...), pois é para pensar para qué raio moreno queremos unha facultadde de xornalismo na que, por certo, hai xornalistas que poderían contar cómo contratan e cómo pagan: vamos, sen ir máis lonxe o ex-Director Xeral cando a Xunta de Alianza Popular, carísimo amigo Pousa.
Non, o Colexio de Xornalistas, que fale, que fale de todo, senón é mellor calar.
Os medios xa SON DEPENDENTES DE POR SÍ, pois non poden subsistir sin que se lles subvencionen as mercas de papel.
Si ademáis lles dás páxinas de opinión en forma de extras (faslle os extras redactados por ti e polos teus periodistas, algúns de 1 millón mes, como en Hospital Montecelo en PO) sobre as áreas das Consellerías, e mércaslle unha páxina semanal de inauguracións (cotops, consellerías, etc.) e mesmo lles das mais cartos aínda para que usen o galego (eso sí SIN CONDICIONAR, para que poidan putealo como habitualmente La Coz de Ghalisia), etc.
Si fas esto, ou combinado entre as partes, tés CONDICIONADO O DISCURSO SOBRE TI DO MEDIO.
E ademáis afórraslles que teñan PERIODISTAS, pois xa llos escreves ti cos teus moi ben pagos (por todos) [amiguetes], non vaia ser que as €mpr€$a$ p€riodí$tica$ (hai que escrever con propiedade, así cos € e $) teñan que pagar ós traballadores, que non están para eso, SÓ PARA GAÑAR CARTOS, claro.
Ah, então reconhecemos que a negação de subsídios ao Novas da Galiza é por razões políticas, não?
Aí vos queria eu ver. Por algo se chama "POLÍTICA LINGÜÍSTICA".