Garzón ordea o ingreso no cárcere de Joseba Álvarez e da voceira de Askatasuna, Ohiana Agirre.
O conselleiro de Xustiza, Joseba Azkárraga, sinalou este venres que a detención masiva de dirixentes da esquerda abertzale está a causar unha “fonda preocupación” no propio executivo autónomo. Azkárraga sospeita que detrás destes arrestos pode haber unha clara motivación política: “Unha vez máis a Audiencia Nacional ponse ao servizo de intereses alleos á independencia que se lle debe supoñer a todo órgano xudicial”.
Ingresan na cadea dous dirixentes independentistas
Pola súa parte, o xuíz Baltasar Garzón ordeou o ingreso na cadea do dirixente de Batasuna Joseba Álvarez e da voceira de Askatasuna, Ohiana Agirre, baixo acusación de pertenza a “organización terrorista”.
Non é unha solución xudicial, sinón o cumprimento directo de unha orde gubernamental represiva e de EXCEPCIÓN. O €$tado €$pañol en PERMANETE EXCEPCIÓN!
Pois non sei si é ou non culpa do executivo. O que sí vexo é medo a darlle a un pobo aquelo que pide. Haberá que ilegalizar tamén ós curiñas do PNV, como fixeron con Batasuna e co pensamento daqueles 300.000 vascos que a votaban.
levantaron a veda dos batasunos
a xustiza española dálle a razón de ser a eta
O PNV e o Goberno da Comunidade só fan hipocresía no asunto, pois participan directamente na represión. Eso sí, para manter moitos dos seus votos, teñen que darlle unha de cal (e coidado c cal, como xa sabemos moi ben).
E todos podemos dicir de Llamazares e ESQUERDA UNIDA-IU que "nin lágrima, nin lamento por IU, por quenes se teñen amosado incapaces de desmarcarse da violencia" e dan argumentos ó €$tado €$pañol para que retome a violencia.
Un discurso político transportable, no tempo e no lugar.
A postura de IU e de Llamasares >