Suspende o decreto que autorizaba á británica BG Group a construír unha planta no Concello de Brindisi, rexeitada por ecoloxistas e veciños.
O Ministerio de Ambiente italiano anunciou esta fin de semana que, en concordancia co Ministerio de Desenvolvemento Económico, vai suspender a autorización á compañía británica BG Group para instalar unha regasificadora no Concello de Brindisi, no sur de Italia, segundo informa a axencia de noticias Reuters.
BG Group, que sempre alegou contar con todas as autorizacións e requirimentos legais necesarios para o proxecto -valorado en 500 millóns de euros, e cun volume de 8.000 millóns de metros cúbicos anuais-, non comentou polo momento a decisión gobernamental.
Este permaneceu bloqueado durante anos pola oposición de ecoloxistas, veciños e políticos locais, que consideraban a planta contaminante e perigosa para a saúde, malia o apoio dos gobernos italiano e británico.
O pasado mes de marzo, o ministro do Ambiente italiano solicitou a suspensión do decreto de 2003 que autorizaba o proxecto. No cerne da derrogación están o incumprimento de directivas europeas, así como varios procesos xudiciais por sospeitas de suborno.
Esa é diferencia entre un goberno democrático e unha república (neste caso monarquía) bananera. Éche o que hai. Ademais dunha sociedade media morta, acomodaticia, sen valores, con nula conciencia ecolóxica (iso é algo que lles soa a Alemaña e outros países) e con moitas hipotecas, que está disposta a tragar practicamente todo. Iso sí, cando lles fagan un paseo marítimo que acabe de cimentar aquel anaquiño de costa que queda, na que aínda chega a herba até a beira da ría, xa se poñerán contentos.