Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A fraude da vivenda protexida

Telmo Martín: as acusacións contra Construcuatro é "o que hai pagar" por estar na política

O acabado de elixir presidente del PPdeG en Pontevedra dixo que a fraude non había saír á luz se el non fose socio de Construcuatro.

Redacción - 19:42 08/10/2007
Telmo Martín, nunha imaxe tirada do seu blog de campaña para a alcaldía de Pontevedra

Telmo Martín, nunha imaxe tirada do seu blog de campaña para a alcaldía de Pontevedra

Telmo Martín asegurou na segunda feira estar "moi tranquilo e preparado para aguantar calquera cousa", referíndose ás investigacións da Xunta sobre o presunto cobro irregular, denunciado por uns vinte compradores, de vivendas protexidas nun edificio en Navia (Vigo), promovido por Construcuatro, empresa da que é copropietario.

"Cando teña que falar, hei falar, pero vou agardar a que conclúa a investigación", dixo Telmo Martín ao ser preguntado pola suposta fraude, da que dixo que non o inquieta "o máis mínimo"; "teño que pasar polo transo porque é o prezo que hai que pagar por estar en política", asegurou nunha entrevista concedida á mañá a Radio Pontevedra.

"Non se está a respectar a separación de poderes"
Dixo Martín na mesma entrevista, tras sinalar que non está molesto por ser obxecto da investigación, xa que este "é un país democrático". Mais o presidente do PP pontevedrés considera que "se está a facer un xuízo paralelo ao que realmente vai ter lugar".

A historia dende o comezo

A Consellaría de Vivenda abriulle un expediente sancionador á promotora Construcuatro -da que Telmo Martín é conselleiro delegado e posúe o 33%-, e a dúas axencias inmobiliarias de Vigo, como presuntos responsábeis da percepción de sobreprezos na compravenda de vivendas protexidas.

Construcuatro é a promotora do edificio de 96 vivendas protexidas situado na Rúa Teixugueiras número 25 do polígono de San Paio de Navia, na cidade de Vigo. A empresa está a ser investigada por cobros entre os 14.000 e os 42.000 euros, segundo denunciaron varios compradores afectados.

Vivenda considera que a documentación e as declaracións por escrito recollidas durante a fase de investigación amosan "indicios suficientes" para abrir este expediente de sanción, que se vai resolver en seis meses como máximo, e que podería derivar nunha multa de un millón de euros e seis años de inhabilitación para a promotora.


5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

ulo #1 9/Outubro/2007 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estos do PP retratanse cando falan; ou sexa, que se non fora "politico" -en realidade esta na politica para facer o que recomendaba o seu xefe Zaplana, enriquecerse-, podería ser todo o mafioso que quixera.
Moi ben, sr. Martin. O problema da "politica" é que airea os negocios suxos de que doutra maneira non se coñecerian.
Mentras non acabemos con estos sres que teñen a concepcion de que todo é o seu coto privado de caza, non melloraremos.

Sara_Mago #2 9/Outubro/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como que e o que ha que pagar? eu pensava que era o que havia que COBRAR? ;)

Gaviotero #3 9/Outubro/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues sí, porque como le sucedió a Louzán, se les implica en asuntos de los que no son responsables y que en buena parte de las ocasiones son tan falsos como los medios que los publican.

Hasta hoy a Louzán le publicaron una docena de escándalos y de ninguno era responsable en muchos casos porque no había ninguna irregularidad.

Y a Telmo le acusan de algo de lo que no es directamente responsable, pues la constructora no es suya como malintencionadamente nos quieren hacer creer los medios bipartitos. Posee el 30% de las acciones de la empresa de la que es Presidente, este sí, el hermano del alcalde bloqueiro de Poyo.

teixugo #4 9/Outubro/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NINHADA DE RATOS!!!!!!!

LaDRoiZa!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

valminor #5 9/Outubro/2007 valminor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu coñezo a xente que mercou nese edificio coas ameazas de perdelo se non pagaban o diñeiro en negro que lle pedían. Sen papel ningún, sen deixar rastro. Poñéndome no lugar destes amigos, leer nos medios onde este tipo di que non ten nada que ocultar, que pasa por ser político.. Pois si ten que ocultar, exactamente o 33% disto. Pero o de que non hai nada detrás é un insulto. Despois de arrasar con Sansenxo arrasou en Navia. Por certo, a actitude da xunta dista moito de ser exemplarizante.Abrir un expediente non é exemplarizante. Impedirlle que constrúa vivenda pública tampouco o é. A ver se nos mollamos máis e pomos as cousas no seu sitio. que isto vai parecer como o da fiscalía en Gondomar.

valminor #6 9/Outubro/2007 valminor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero. Hasta hoy a Louzán le publicaron una docena de escándalos y de ninguno era responsable en muchos casos porque no había ninguna irregularidad.

la cosa es distinta. No quiere decir que no haya hecho, si no que no han sido capaces de demostrarlo lo suficientemente para poder llevarlo a juicio. Ojo, es distinto. A Pinochet le ocurrió lo mismo, no había manera de sentarlo en un juicio internacional, pero eso no quiso decir que no cometiese atrocidades. A ver si nos centramos gaviotero. Que lo de Louzán clama al cielo.

condedecotobade #7 9/Outubro/2007 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ou sexa que segundo ti, un co-propietario dunha empresa (33 è unha porcentaxe considerábel) non é responsábel do que fai esa empresa. Pois logo non sei quen será, compinche? Por suposto, o irmán do Alcalde de Poio (ti que sempre falas de legalidade cumpre coa Lei que regula os nomes das vilas e cidades) tamén o é, tanto ou máis que Telmo Martín, e espero que sexa multado. Agora ben, daí a que sexa culpábel o seu irmán si que vai un cacho. Porque senón o Ministro Trillo Figueroa ía pasalas putas polas acciónd do impresentábel do seu irmán.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: