Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Irlanda

Edición xestionada por María Golpe
RSS de Irlanda
Os libros tamén arden mal en Dublín

Manuel Rivas sinala que "segue habendo un fume que busca o control das mentes"

“Unha viaxe pola historia dramática da cultura”, así define Manuel Rivas a súa novela ‘Os Libros arden mal’. En galego, en inglés e en español. Rivas leu fragmentos da novela en Dublín.

María Golpe - 09:00 09/10/2007

Rivas repasou fragmentos da novela en Dublín, acompañado polo director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Cork, David McKenzie. "Dende o meu punto de vista a literatura moderna non precisa de crítica nin de teoría literaria, e o propio leitor é quen de le-lo libro e formular a súa opinión, tan digna como calquera opinión dun crítico de profesión", dixo David McKenzie, quen louvou a capacidade de invención e de imaxinación de Rivas, "un grande escritor, que logra en tódalas obras que escrebe unhas páxinas que che deixan atónito de pura admiración, se es crítico, e de fonda emoción se o les por diversión ou lecer".

Preto de corenta persoas acudiron á lectura, organizada polo Instituto Cervantes dentro do ciclo ‘Lenguas de España’.

Rivas falou das queimas de libros feitas polos falanxistas na Coruña ao comezo da Guerra Civil, parte do eixo narrativo de ‘Os libros arden mal’. "As queimas de libros son feitas xeralmente por elites cultas, nunha especie de ritual, case sempre en nome dunha nova civilización. A cultura ten máscaras diferentes e algunhas delas convértense no seu peor inimigo" explicou o autor. "As queimas non foron actos espontáneos, feitas por masas nun momento de confusión ou nun acto de ira. Foron actos preparados, case como unha liturxia, un ritual".

O fume desas queimas de libros na Coruña do 36, así como as de Berlín nos anos 30 e Arxentina hai un par de décadas, é un fume "diferente", que chega a todos os sitios e que tarda en marchar. Tristemente, segundo o autor, aínda "segue habendo un fume que busca o control das mentes".


4,85/5 (20 votos)


Comentarios (10)

Gaviotero #1 10/Outubro/2007 Gaviotero

Manolito Rivas...el mejor narcotizante gallego para noches de insomnio.

Efectivamente, Manolito, sigue habiendo un humo que busca el control de las mentes. Y tú lo conoces muy bien, porque formas parte de él.

Lástima que te lean tan poco...

teixugo #2 10/Outubro/2007 teixugo

NINHADA de RATOS!!!!!!!

zus #3 10/Outubro/2007 zus

si claro leese máis os libritos de Aznarin e a Botella ou pío Moa jajajajajajajaja,baixa da nube anda!! alma cándida...

morotxo #4 10/Outubro/2007 morotxo

que tio, o gaviotero...

Gaviotero #5 15/Outubro/2007 Gaviotero

Pues sí, se lee bastante más a Aznar o a Pío Moa que a este advenedizo que si tuviera que vivir de sus libros iba a pasar más hambre...

zus #6 15/Outubro/2007 zus

jaajaja traballei nunha librería e aegúroche q non foi asi ...jajajaja segue no teu mundo javota

BonKarallan #7 15/Outubro/2007 BonKarallan

Gaviotero divírtese "cabreando" galegos.

Colazo #8 16/Outubro/2007 Colazo

Aznar e Pío Moa, os intelectuais das gaivotas

Aschram #9 20/Outubro/2007 Aschram

Se non estou mal informado Irlanda en gaélico dise: "Éire"

lostrego #10 31/Outubro/2007 lostrego

Pero non hai máis novas dende a Irlanda que ista????
Cantos dias levamos así???
A ver, redactores de Vieiros, non ledes o An Poblacht ou o Irish News?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: