A festa viviu un momento polémico cando soou o himno español coa letra franquista.
Óscar Pereiro recibiu simbolicamente en Mos o maillot amarelo como gañador do Tour de Francia 2006 nun acto de homenaxe que lle rendeu o sábado á noite a peña que leva o seu nome. Pereiro subiu ao podio co seu fillo e dous compañeiros, Zandio e Chente, e recibiu un ramo de flores das mans dunhas azafatas.
A representación, que se desenvolveu diante dunha imaxe dos Campos Elíseos de París, rematou con polémica cando chegou o momento de soar o himno español. Polos altofalantes comezouse a escoitar a versión franquista, con letra de José María Pemán, esa que comeza con “Viva España, alzad los brazos hijos del pueblo español, que vuelve a resurgir”.
O vídeo publicouno A Peneira da Louriña:
É bem curioso isso da «letra franquista» do hino espanhol. Como se a música nom o fosse! Ou é que umha marcha militar fascista é menos franquista que a tal letra?
http://es.wikipedia.org/wiki/M...
As músicas non son nin franquistas nin democráticas, son músicas. Outra cousa é o que nos lembren, por quen fan uso delas...
Isso so pode ser obra dalgum mega-paleto que neste momento ainda se há de sentir orgulhoso...
Xorra humana.
A cerimonia ten un punto de astracanada, cos ciclistas portando as caretas de Kloden e Sastre (por deus!), que pouco favor lle fai a Pereiro, xa que a súa fazaña deportiva está moi por riba desta representación.O cachondo do video é a cara que pon Chente García-Acosta cando empeza a soar a letra franquista, unha cara de sorpresa e risa contida moi expresiva.Tanta ceremonia simbólica vai terminar por desvirtuar a victoria, pero Pereiro qué vai facer, prestarse ao que lle digan na súa vila.
A cerimonia boa será o luns.