Varios traballadores foron apresados polas Forzas de Seguridade cando se dirixían cara aos seus coches logo das protestas deste martes.
A policía detivo este martes en Vigo catro traballadores da construción despois de finalizar a manifestación que tivo lugar polas rúas da cidade con motivo da folga convocada no sector.
Segundo fontes sindicais, varios manifestantes dirixíanse cara aos seus vehículos cando axentes da lei vestidos de incógnito os abordaron. A media tarde, un dos detidos, traballador na empresa Araújo Rial de Salvaterra de Miño, foi ceibado logo de comparecer en dependencias policiais un dos avogados sindicais.
A liberación dos outros tres traballadores estaba prevista para a última hora da tarde. Polo momento se descoñecen os motivos da retención, aínda que se baralla que estea relacionada coa queima de colectores durante as protestas deste martes.
Os sindicatos e a patronal permanecen reunidos dende as 16.30 horas no edificio administrativo da Xunta en Vigo á procura dunha saída negociada para o conflito laboral que se vive no sector da construción nas comarcas de Pontevedra.
Bien por la Policía. Los vigueses estamos hartos de estos indeseables que se dedican a destrozarnos la ciudad para mantener sus privilegios.
Que algúns escriban aquí SÍ que é un privilexio para eles propios. Nos xornais afíns, non os deixan.
As manifestacións e as folgas son un DEREITO RECOÑECIDO NA SUA (con P) CONSTITUCIÓN.
Na Construcción e no mundo do traballo en xeral hai un PRIVILEXIO ESTRUCTURAL -tamén intrínsecamente constitucional- e deténtano a clase burguesa empresarial, grande e pequena: é o DEREITO A EXPLOTAR TRABALLADOR*S, que gañan o seu salario nun par de días mentres pasan traballando o resto da semana para os patróns (PLUSVALÍA).
Adosado a ése levan outro, que cos desregulamentos acadados polos gobernos pesoístas (denominados falsamente socialistas) fan da INSEGURIDADE UNHA LEI, que si na primeira acepción retira a permanencia do posto de traballo; no seu outro significado, e a resultas da mesma causa, vívese un contínuo TERRORISMO PATRONAL capaz de facer de media una MORTE DE TRABALLADOR por cada TRES DÍAS LABORAIS.
Privilexios háinos, pero non nos traballadores, desde logo.