Un desbalde que suma unha cantidade similar aos cartos recibidos en axuda internacional durante ese tempo.
Prevención de malaria, Sida e outras enfermidades, fornecemento de auga potábel, infraestruturas sanitarias, cobertura educativa... Ducias de prioridades posíbeis sufriron de falta de financiamento nos últimos quince anos no continente africano.
Os colectivos Intermón, Iansa e Saferworld fixeron unha investigación ao respecto do período 1990-2005 e atoparon que no mesmo período, os conflitos bélicos acontecidos en África supuxeron un gasto similar ás cantidades ingresadas nese tempo froito das axudas da comunidade internacional.
Foron nese período até 23 países onde abrollaron diversos conflitos bélicos e que en moitos casos afectaron gravemento a países veciños. Os investigadores atoparon que os buratos de crecemento económico negativo sufridos neses lugares poderían ter sido evolucións positivas de non vérense implicados en guerras. O estudo vai unido á petición dun Tratado sobre o Comercio de Armas que free a situación.
Quantos desses 220000 milhões fôrom vendidos polo Estado espanhol? É sabido que, desde há bem anos, a Turquia é um dos principais compradores de armamento a Espanha, armamento com o que massacra as aldeias do Curdistám, com decenas de milhares de mortos nos últimos 30 anos.
Quanto armamento vende o Estado espanhol a África, nomeadamente a países em conflito bélico? Porque nom som publicados esses dados?
i$$ra€l tamén, e mais Marrocos.
Quén pon a guerra en Darfur e no cono Este africano? Nin Francia nis os Estados Unidos??
Non mo podo creer!
Para o ano que ven poremos cada ún dos seus "súbditos" (así nos considera e nos trata ós cidadáns que obrigadamente e non por grado o "soportamos") só case 350€ para as suas Empre$a$ bélica$!!
Piorno, Turquía non está en Africa, aínda que algúns o quixesen. Como moito, como moito, en Asia, pero creo que quere estar en Europa.
Fóra bromas, como molestan facemos que se maten entre eles e ademais sacamos beneficios, vendéndolles armas.
Pero os efectos están chegando e comezan a invadirnos en "pateras". E o que merecemos.