Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Bloqueo dos Estados Unidos á illa

O embargo económico a Cuba causoulle en 48 anos perdas de 65.000 millóns

A ONU vota a finais de mes un proxecto de resolución cubano contra o embargo. O presentado en 2006 só tivo catro votos negativos: EUA, Israel, Illas Marshall e Belau.

Redacción - 12:00 10/10/2007
O ministro cubano de Relacións Exteriores, Felipe Pérez Roque, nunha intervención na Asemblea Xeral da ONU

O ministro cubano de Relacións Exteriores, Felipe Pérez Roque, nunha intervención na Asemblea Xeral da ONU

O goberno de Cuba entregoulle ao secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, un informe sobre a situación económica da illa, provocada polo embargo que Estados Unidos mantén sobre o seu comercio dende hai case medio século.

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas votará de novo o vindeiro 30 de outubro un proxecto de resolución contra o bloqueo. O informe presentado por Cuba o pasado ano foi aprobado por 184 votos a favor e catro en contra: EUA, Israel, Illas Marshall e Belau. A Micronesia abstívose.

Nunha declaración aprobada o pasado 5 de outubro pola Asemblea Nacional do Poder Popular cubano -o parlamento da illa- faise un chamamento "a todos os parlamentarios do mundo e aos seus corpos lexislativos a denunciar e esixir a fin desa política de exterminio".

Terceiros países afectados

"A aplicación sistemática desta guerra económica, que xa lle custa ao noso país máis de 89.000 millóns de dólares (máis de 65.000 millóns de euros) causou miles de vítimas na poboación cubana e lesionan o seu máis elemental dereito á vida, tratando de aniquilala por fame e enfermidades, nun verdadeiro acto de xenocidio".

Ademais, denunciouse a política estadounidense de "internacionalización do bloqueo" e o fomento da subversión en Cuba. Entre maio de 2006 e maio de 2007, empresas de Alemaña, Brasil, Canadá, Reino Unido ou Xapón, entre outros, perderon contratos ou deberon suspender o comercio con Cuba ao ser alcanzados pola extraterritorialidade das medidas aplicadas por Estados Unidos.


5/5 (2 votos)

Novas relacionadas


Comentarios (2)

ecoe #1 10/Outubro/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non é "embargo", é BLOQUEIO.

Ninguén contraeu deuda algunha e se comprometeu pagar nada, non hai ningún "embargo".

CONTRA o BLOQUEIO A CUBA!

galicecos #2 10/Outubro/2007 galicecos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os nosos, que eran moitos, tamén sofriron coa medida proposta polos EUA, mais non debeu ser dabondo pois non se fixo nada para presionar. Quizais o hermetismo dos medios de comunicación mundiais, o capital en definitiva, foi a norma adoptada polos lambecús dos EE.UU.Cando se ten o poder económico, ainda que isto non se faga de todo legal (trafego de armas, petróleo,...) impós as túas leis.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: