Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
A Comisión da Memoria Histórica

Pídenlle ao Valedor que o Concello da Coruña retire a simboloxía franquista

A Lei de Memoria Histórica posta en marcha no parlamento español obrigará a que todas as administracións públicas cumpran con esta medida.

Redacción - 18:05 10/10/2007
Edificio da Aduana Real da Coruña / Foto: Turgalicia

Edificio da Aduana Real da Coruña / Foto: Turgalicia

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña entregoulle este mércores un escrito ao Valedor do Pobo pedíndolle que lle obrigue ao goberno local a eliminar a simboloxía franquista existente en varios edificios públicos da cidade.

A presidenta da asociación, Beatriz Gómez Amigo, asegurou que esta simboloxía "é ilegal dende hai 26 anos", data en que se aprobou a lei sobre o escudo constitucional do Estado, "que daba un prazo de tres anos para eliminar os devanditos escudos da vía pública".

Gómez Amigo dixo que o 18 de xaneiro de 2006 remitíranlle unha carta ao presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, para que coñecese a situación, mais que dera "a resposta do mudo". Posteriormente, o pasado 3 de abril, levouse a pleno a retirada desta simboloxía, mais PSdeG e PPdeG rexeitaron a moción; o BNG votou a favor.

Varios edificios da cidade

Gómez Amigo criticou que o Concello da Coruña "leve anos a incumprir reiteradamente a lei e a loitar contra a normalización lingüística", mais ao actual goberno municipal bipartito "non lle queda outra" que eliminar os escudos ilegais: a vidreira da escaleira principal da entrada da casa do concello, a fachada do Cuartel de Atocha, a fachada do edificio de Correos, a do edificio da Aduana ou a da Comandancia da Mariña.

Precisamente, a petición coincide estes días co acordo ao que chegaron no parlamento español todos os grupos, agás o PP e ERC, para pór en marcha a tramitación da Lei de Memoria Histórica, que obrigará a todas as administracións públicas a retirar os símbolos franquistas dos seus edificios, prazas e rúas.


4,2/5 (5 votos)

Comentarios (10)

Ghaviotero #1 10/Outubro/2007 Ghaviotero

Pajarraco, están borrando en Lacoru los signos de tus amigos...!

KORUÑAKO LORPENA AURRERA!!!

lostrego #2 11/Outubro/2007 lostrego

Dubido que este Valedor tan amigo do galego faga algo, espero trabucarme

piorno #3 11/Outubro/2007 piorno

A iniciativa é boa, mas que acontece com o nome fascista das ruas? Por exemplo, a rua da «División Azul» (soldados espanhóis que Franco enviou para luitarem à beira de Hitler na Segunda Guerra Mundial), e outras muitas. E com os nomes de instituições como o Hospital que leva o nome do conhecido carniceiro e falangista Juan Canalejo?

piorno #4 11/Outubro/2007 piorno

Isso nom é «simbologia franquista», igual que os escudos?

Ghaviotero #5 11/Outubro/2007 Ghaviotero

Por suposto que si... creo que coa nova Lei tamén terá remedio

ManuelMarin #6 12/Outubro/2007 ManuelMarin

¿"E com os nomes de instituições como o Hospital que leva o nome do conhecido carniceiro e falangista Juan Canalejo?"

Que desconsiderados e intolerantes sodes con verdadeiras glorias da medicina na aplicación de lavativas de aceite de ricino, garrotes e tiros. Vos non o sabedes pero as nosas gloriosas autoridades sanitarias (tanto as pasadas, como polo visto ás actuais coa insigne conselleira ao frente, ademais da xerencia do propio hospital) sí que saben o moito que lle debe a medicina ao tipo que lle da nome ao hospital. O único que non entendo é porque o seguen a escribir mal: o verdadeiro é Juan CanaLLejo.

OBSERVADOR #7 12/Outubro/2007 OBSERVADOR

Os nomes dos hospitais e das ruas também são símbolos. Se retiram uns terão que retirar os outros.

ecoe #8 13/Outubro/2007 ecoe

Perfecto: CANALLEJO, dos CANALLEJOS DE TODA A VIDA, veciños e residentes na CURUÑA. Cántos hai ainda, mimadriña!

guillerme #9 19/Outubro/2007 guillerme

Que lle imos facer... La Coruña es así (ironía)... Haber se se dan conta dunha vez os coruñeses que son galegos porque senón vano pasar moi mal cos tempos que se aveciñan.

Barcelos #10 19/Outubro/2007 Barcelos

Se cambiasen todos os nomes das rúas que teñen nome de persoa, arranxarían o problema para moitos anos.

General Sanjurjo, Juan Flórez, Teresa Herrera, Juan Canalejo, Francisco Vázquez, Alfonso Molina, María Pita...

Cambialos por nomes de cidades, vilas galegas, ríos, mares, océanos, planetas, animais, cousas...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: