Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Folga de traballadores en Stolt Sea Farm

Recorte de salarios malia as gorentosas expectativas das empresas acuícolas

Coa Xunta pagando a metade do custo das novas factorías e con espectaculares prognósticos de produción e beneficios, os empregados loitan por mellores condicións.

Redacción / EP - 09:00 11/10/2007

"Son resultados moi bos, pero que non reverten nas condicións económicas dos seus traballadores", laiábase este mércores Francisco Vilar, voceiro de Comisións Obreiras, ao fío da folga convocada nesa xornada nas cinco plantas acuícolas que a multinacional norueguesa Stolt Sea Farm ten en Galiza. O 85% dos 200 empregados da empresa no país secundaron o paro, en protesta polo recorte de soldos "xa de por si cativos" que reciben por traballar en condicións que cualifican de "moi duras".

Segundo explica o sindicalista, a manobra da empresa para a redución dos salarios pasa pola pretensión de eliminar a cantidade que perciben en concepto de antigüidade laboral, situando a todos os traballadores cunha categoría de peón. A redución ao cabo do ano por cada traballador chegaría até os 4 mil euros menos. Insisten os traballadores en que se trata dunha actitude "reprobábel" non só polos beneficios anuais de Stolt Sea Farm, 11 millóns de euros só en Galiza o ano pasado, senón tamén polas subvencións conseguidas na Xunta. Por este motivo, alén da folga de só unha hora que convocaron na mañá deste mércores, cavilan un calendario de paros se a empresa non dá marcha atrás.


Ligazóns

3/5 (4 votos)


Comentarios (4)

Jatopardo #1 11/Outubro/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu penso que sería bo que a Xunta concedera unha nova subvención a fondo perdido a Stolt Sea Farm para axudarlles a pagar os salarios dos traballadores. Stolt Sear Farm veu desde Noruega, é dicir, dun lugar moi lonxano a varios días a cabalo, e os galegos debemos ser uns bos anfitrións e facerlles a súa estancia máis doada.

arale #2 11/Outubro/2007 arale
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

RECURTE??? AI, MIMÁ, QUE PASA COA LINGUA EN VIEIROS?

figologo #3 11/Outubro/2007 figologo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

arale, ainda que prefeririamos todos dicir "recurte", en galego-figologo dise "recorte"

Jatopardo #4 11/Outubro/2007 Jatopardo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu alusino, pero alusino de verdade. Unha nova tan importante como é a explotación laboral (que se suma á desfeita medio ambiental) que están a cometer as empresas de acuicultura, e neste foro preocupados por unha posíbel falta de ortojrafía. Alusino por colores.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: