Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A CAPITAL MUNDIAL DOS EMPRESARIOS SOCIAIS

Wikipedia trasládase a San Francisco

O feito de que a costa oeste xire cara a Asia tamén contribuíu á decisión da Fundación, que estudou 6 cidades candidatas antes de decidirse por San Francisco

Redacción - 13:03 11/10/2007

A Fundación Wikimedia, da que depende Wikipedia, acaba de anunciar a súa decisión de instalarse en San Francisco. Situada desde xuño de 2003 en San Petersburgo (Florida), fará a súa mudanza este inverno.

"San Francisco é o centro de alta tecnoloxía dos Estados Unidos e permitirá á Fundación ter acceso a unha gama ampla de recursos, incluído os mellores talentos de web e das universidades" declarou Florence Devouard presidenta a Wikimedia Foundation.

Unha parte dos asalariados vaise mudar tamén e a Fundación estuda contratar unha decena de persoas máis, á parte dos seis empregados que tén.


4.4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: