Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LOITA POR UN PLANETA SUSTENTÁBEL

Al Gore e o grupo da ONU sobre o Cambio Climático gañan o Nobel da Paz

A academia sueca destaca o seu esforzo para difundir as consecuencias do quentamento global.

Redacción /EP - 12:50 12/10/2007

O que fora vicepresidente do EUA Al Gore e o Grupo Intergubernamental de expertos sobre o Cambio Climático da ONU (IPCC) conseguiron este venres o Premio Nóbel da Paz. Os organizadores do galardón recoñecen así os traballos para contrarrestar o grave problema que sofre o planeta.

O ex vicepresidente da administración Clinton converteuse nunha icona da loita contra o cambio climático logo de protagonizar o filme “Unha verdade incómoda”, no que se repasan as causas deste fenómeno e as consecuencias que pode ter para o planeta e coa conseguiu un Oscar en 2006.


5/5 (3 votos)

Comentarios (3)

Grovius #1 14/Outubro/2007 Grovius

Timor Leste, Somalia, Irak, Balcáns, Haití.
Nobel da Paz.

Me falta duende, oíste? Manda carallo.

baltar69 #2 15/Outubro/2007 baltar69

e t.w. wilson, óscar arias, menachen begin, h.a. kissinger tamén o mereceron moito. pero o millón de iraquís, a meirande parte nenos de menos de 5 anos, que morreron dende a asunción de clinton até a chegada dos republicanos, entran na axenda de este santo varón. xa soio falta de mariano propoña a enrique r. galindo, que nos seus mellores tempos presumía de voltar conquistar américa para a coroa borbónica con soio seis ou sete tarambanas!!!

BonKarallan #3 15/Outubro/2007 BonKarallan

¡¡Manda carallo!!

Será por permitir que Bush lle fixese trampas e gañáselle as eleccións?

Aos xenocidas danlle agora o premio da Paz. Será o da Paz Eterna, para os demais.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: