Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CERTAME

Máis de 200 fotos compiten polo premio 'Enfoca o galego'

A Secretaría Xeral de Política Lingüística expón nunha páxina todos os traballos a concurso.

Redacción - 12:40 14/10/2007

Un total de 228 fotografías concorren ao concurso 'Enfoca o galego', convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro da campaña de promoción do uso da lingua 'En galego, tes todo por dicir. E logo!'

O concurso estivo aberto á participación durante case oito meses e as fotografías fóronse colgando na páxina da campaña. Paisaxes e retratos foron os principais motivos á hora de coller a cámara

A finais de novembro darase a coñecer o nome do gañador do concurso, que levará como premio unha cámara dixital.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 14/Outubro/2007 ecoe

Con estas accións non fan falta nin paxaradas nin nada. O galego: RIP

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: