O dirixente nacionalista coida que o cambio en Galiza vai “lento” e bota en falta, entre outras, políticas lingüísticas máis enérxicas.
O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, cre que a Xunta ten que abrir un debate arredor do funcionamento das caixas de aforro. O dirixente nacionalista considera que é prioritario que a Xunta saque adiante esta mesma lexislatura unha lei que controle o funcionamento destas entidades. En declaracións á Radio Galega este domingo, Rodríguez dixo que “Galiza non se pode permitir o luxo de que sexan alleas (as caixas) a un mínimo control democrático”. Lembrou que comunidades como Andalucía ou Estremadura teñen unha lexislación que obriga ás caixas a investir en determinados ámbitos.
Mais tamén se referiu ao traballo do bipartito. Rodríguez considera que o cambio política “vai lento”. Segundo o líder da UPG, isto débese a que hai procesos como o das políticas agrarias que son “longos” pero advertiu que noutros casos débese a que “non se sabe a onde se quere ir”. Tamén cre que o Goberno xa tería que ter posto en marcha a reforma dos medios públicos para “poñer a realidade galega no centro da información”.
Zapatero, un político “españolista pero integrador”
O deputado nacionalista sinala que Galiza terá que presionar o goberno español para lograr máis competencias políticas. Referíndose á negativa de Madrid á hora de facer máis traspasos sinalou que isto se debe a que Zapatero é un “político españolista”, aínda que matizou que ten un carácter “integrador”.
Segundo a súa opinión, o executivo estatal “non vai ceder por iniciativa propia” competencias como as de Tráfico ou Salvamento Marítimo, xa que hai outras de menor calado que tampouco son partidarios de transferir antes das eleccións xerais.
Unhas políticas lingüísticas con “poucos ánimos”
Tamén se referiu ás políticas lingüísticas que está a impulsar a Xunta que cualificou de “moi limitadas e con poucos ánimos”. Asegura que para que o último decreto de galeguización do ensino teña éxito é preciso aplicalo con enerxía e con medios concretos.
Mucho exigir, Paquito, pero cuando toda la cámara exigió la dimisión de la Ministra de Fomento más nefasta y antigallega de la democracia...tú, ahí acurrucadito, te quedaste callado.
Tu escaño es prescindible. Para hacer de sociatilla ya tenemos a los del PSOE.
por moito que digades .... , mellor informado en Galiza e para Galiza, que Francisco Rodriguez hai poucos. Eu coñézoo dende hai moitos anos, e cando sae na prensa é por algo importante. Ao "havi-otero" mellor no lle dicir nada pois nada ten na cabeza (que lle "dure").
Coidado con entrar a saco en certos campos. As caixas galegas é bo que teñan autonomía do poder político, aínda que non digo eu que non haxa que ter un control, pero téñolle medo a un poder político meténdose na xestión das caixas constantemente. Medo me dá Francisco Rodríguez interferindo en todo. Iso é o que pasa nas caixas andaluzas, puñaladas políticas constantes e aféctalles moi negativamente.
Como Paco Rodríguez faciam falta uns poucos máis na Galiza. E como Beiras, e como Nogueira, e como...
Menos histórias sectárias e mais Galiza.
Umha aperta, Paco, bom e generoso.
A Jose Luís Méndez non lle vén mal un pouco de cana, xa que é un auténtico ditador.
Pero comecemos pola democracia interna. Dentro de Caixa Galicia.
A ministra de Fomento é a mais nefasta e antigalega da democrácia, mas há mais: Fraga, Rajooy...
Aínda que o Pobo Galego tivo fama de ser aforrativo e bastante inimigo de utilizar o crédito, e se a isto sumamos as nada despreciables contas dos Galegos emigrantes. É xusto que unha porcentaxe importante deste aforro sexa utilizado para promover investimentos xeradores de emprego de calidade e servizos na nosa comunidade.
Unha lexislación axeitada tanto no cualitativo como no cuantitativo permitiría que parte dos capitais que hoxe financian empregos e investimentos noutras latitudes sirvan para fomentar isto nas nosas comunidades.
É importante lexislar respecto diso e non limitarse soamente á contorna das caixas de aforro senón que ten que estenderse á banca en xeral.
Concordo coa opinión de D. Francisco Rodríguez. A única razón pola que eu aforro en Caixa Galicia, seguramente con bastante inxenuidade, é pola súa obra social, en sentido amplo, e polo seu compromiso con Galiza - tamén coa nosa lingua propia. Cuidado cos posibles tiburonciños e yupis nalgunhas divisións que só miran polos beneficios e polos especuladores, caia quen caia.
É bem curioso o titular desta notícia. Um deputado exige ao governo do que o seu próprio partido fai parte umha lei para democratizar as Caixas. É que Francisco Rodrigues já perdeu o poder dentro do BNG? Vai o BNG sancionar Francisco Rodrigues por EXIGIR publicamente nos meios de comunicaçom social algo que deveria fazer no seio dos órgãos do partido?
Incompreensível.
E si, umha lei de Caixas é precisa.
piorno, non é tan estrano isto, francisco rodriguez, con bon tino, esixe nas áreas de goberno que non son do bloque, de tódolos xeitos él non é membro do goberno, polo que como voz máis que autorizada politicamente fai ben en esixir o que considere oportuno; e se lle tivera que dar un tirón de orellas os seus, pois tamén.
Afonsoriscos, o título da notícia diz que Francisco Rodrigues EXIGE À JUNTA, da que o BNG fai parte. Por nengum lado se diz que a exigência vaia dirigida a qualquer Conselharia nom governada polo Bloco.
Imagina umha notícia redigida assim: «ALFONSO GUERRA EXIGE AO GOVERNO ESPANHOL UMHA LEI PARA...». Também chamaria a atençom.
Quanto ao segundo ponto, naturalmente que tem direito a puxar das orelhas aos seus, mas fazê-lo publicamente nom parece a forma mais adequada.
Francisco Rodríguez, el anticapitalista que ahora anda pidiendo cambios en el sistema capitalista del que él y su partido bien que se aprovecha con créditos que tardan en pagar muuuuuuuuuucho más de lo que nos dejarían pagarlos a nosotros, necesita su minuto de gloria.
Recordad que se están elaborando las listas para las próximas generales y hay que tomar posiciones. Anasagasti en el PNV anda igual...desquiciado como Paquito, por seguir llevándose el milloncejo mensual a casa.
Menudos antisistema. Menudos anticapitalistas...
Hai moitos bloqueiros serios, pero se hai un serio e legal de verdade, este é Francisco Rodríguez.
Pecha o pico gaviotero, que estás falando por foder, como sempre, pero esta vez, ademais, sen coñecemento de causa.
Conocimiento de causa total. Este patán que lleva años viviendo del mismo Estado al que según parece no querría pertenecer, mantuvo a la ministra de fomento más nefasta de la democracia, la del "Plan Galicia de mier..."
Si vuestro sectarismo os impide ver las cafradas de este hombre, pues lo siento pero no es mi problema.
Y por supuesto, el pico, sólo lo cerraría para darte un buen picotazo porque a esta gaviota no le hace callar nadie. Y menos tú.
A Gaviotero non lle pagará a CIA para crear controversia nestes foros?
Tanto entusiasmo continuado nunha web como a de Vieiros xa "mosquea" un pouco.
Entendo ao típico gracioso, que lle gusta tirar unha pedra nunha colmea para ver como anoxánse todas as abellas. Pero tirar pedras todos os días durante meses xa cansa, sobre todo ao que tira as pedras.
Así que dálle ao pico, que pola boca morre o peixe.
"...para ver como anoxánse todas as abellas..."
Aimimadriña!
pero bonkarallan, estás de carallada cos pronomes?
Será "...como se anoxan...", nonsí?;
mmm, esa transmisión oral da lingua...
http://gl.wikipedia.org/wiki/N...
Saúdos
Pero como bou fablar ven, se son mudo das duas orellias?
Anóxame, porque son un poeta, nonsí?
Tes razón. O importante non é o que se di senón o dicilo ben.
O importante non é o fondo, senón as formas. As formas gramaticais.
Teño que recoñecer, que xamais asistín a un curso de galego, pero polo que vexo, profesores non me faltan.