Malia recoñecer a caída de actividade no sector da construción, o presidente da CEG, Antonio Fontenla, insiste en reducir a un ano a prohibición.
A caída de actividade no sector da construción de vivendas foi unha realidade recoñecida este domingo nos micrófonos da Cadena Ser polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla. Estreito coñecedor do sector, no que realizan actividade as súas propias empresas, Fontenla queixouse ao fío da norma impulsada pola Xunta para a protección do litoral, que estabelece dous anos de prohibición para a construción a pé de costa.
Segundo insistiu, sería "mellor" reducir cando menos de dous até só un ano ese período. "Nós queremos que se protexa a costa, pero que se faga con axilidade", dixo Fontenla. "Hai concellos que poden soportar eses dous anos, pero outros non", laiouse, indicando qeu hai que protexer o ambiente pero "non a calquera prezo". Por outra parte, propuxo apostar polo fomento de infraestruturas como xeito de paliar a caída de actividade na construción de vivendas. "Se se paraliza algún sector estratéxico como é o da construción, que xera moito emprego e moita riqueza, hai que propiciar medidas alternativas á grande promoción de vivendas, por exemplo, poderíase incidir máis en infraestruturas", explicou.
¿Se non é na costa xa non poden contruir?, ¿o cemento non agarra ben se non é ao lado de praia?, ¿e cando xa non haxa costa sen esnaquizar que faremos?
Esta claro que a este señor a proteccion do litoral importalle un carallo, o único que lle importa é enche-lo peto o mais rapido posible aínda a costa de fode-las posibilidades reais de desenvolvemento que poidan ter moitas zoas costeiras, onde un desenvolvemento sostible e tendo en conta o futuro seguro que é mellor que facer urbanizacións sen xeito nin control que so benefician a individuos coma este.
E logo non era sabido das pérolas do sinor Fontenla? Pois a cada que abre a boca e alá vai!
Son os empresarios do inorme volume da economía informal, maioritariamente na construcción: grandes cantidades de carto negro, emprego irregular e precario, evasión fiscal, corruptela urbanística e partidística, corrupción minicipal.
Estalle a mandar recado a Torito e Quin para que se poñan ó carro ou a sua parte de negocio periga!
¡¡Moito emprego e moita riqueza!! para uns poucos e
¡¡¡¡moita merda e moita pobreza!!!! para o resto.
É coma se os do exército protestan porque lles prohibimos facer guerras.